martes, 30 de junio de 2009

Jesús Torres podría volver a xogar no Compos


Os rumores de fichaxes da SD Compostela continuan, nas últimas horas súpose que o fichaxe de Gonzalo, mediocentro do Ciudad de Santiago, está case pechado; outro xogador do Ciudad está preto do Compos; Jesús Torres, o cal atópase en negociacións ca SD, o central está a espera de saber se podra compaxinar o seu traballo, e parece que o traballo pode ser o único que o alexe de vestir a camiseta do Compos a cal xa vestiu nunha etapa anterior.

Pola contra Ian Mackay e Maikel, tamén do Ciudad de Santiago, e os que os rumores poñían xogando na SD alónxanse; no caso de Maikel por problemas pasados con Caneda, e no do porteiro por non aclararse co seu futuro. Aínda así non se poden dar por descartados.

Onte Caneda confirmou no programa Quinto Árbitro que o presuposto da tempada que ven será de 700.000€, tamén aclarou que os prezos dos abonos aínda non están decididos e que se está estudiando a posibilidade dun abono máis barato cos 150€ dos que se fala. Seguramente este abono sería para ver os partidos dende os fondos.

1 comentario: