martes, 1 de septiembre de 2009

O Obradoiro ficha a Reishawn Terry


E un ala-pívot de 25 anos e 2.03m que procede do Virtus Bologna da liga italiana e que no ano 2007 xogou nos Dallas Mavericks da NBA. Destaca por ser un bo xogador tanto defensiva como ofensivamente, poseendo bo xogo interior e bo tiro exterior.

domingo, 30 de agosto de 2009

O Compos empata

A SD Compostela conseguiu un punto tras empatar contra o Palencia a ceros, a alineación titular do Compos foi: Pablo, Catú, Toño, Ángelo, Jimmy, Claudio, Chapi, Iván, Centrón, Gonzalo e Kelvin, na segunda parte entraron Jesús Torres, Adrián e Rego.

Por outra parte o Ciudad de Santiago sacou un punto da difícil visita a Abegondo tras empatar a uns co Deportivo B.

Comeza a liga

Hoxe as 18.30 en San Lázaro dará comezo a tempada da SD Compostela co partido ante o Palencia, a alineación que podería sair de inicio é: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez; Rubén foi sancionado dous partidos tras a súa expulsión da Copa, pero o club pediu a suspensión cautelar da sanción e en caso de serlle concedida podería ser titular, en caso de que non se lle concedera barallábase a posibilidade de xogar con Claudio de dianteiro.

Tamén hoxe dará comenzo a tempada para o Ciudad de Santiago que finalmente xa ten xogadores e desprazarase para xogar o seu partido contra o Deportivo B en Abegondo.

sábado, 29 de agosto de 2009

O Ciudad xa ten xogadores

Onte Villalba presentou en Santa Isabel os seus xogadores, 17 fichas que comezaron a entrenar de cara o partido deste fin de semana, o entrenamento estivo dirixido polo director deportivo Duco e a semana que ven agardase a chegada do entrenador e dos xogadores que pecharán a plantilla.

Hay moitas posibilidades de que o Ciudad se vaia xogar a Xinzo de Lima, deixando así Santiago.

viernes, 28 de agosto de 2009


O dianteiro firmado por un ano polo Compos é Sergio Sestelo que procede do Linares.
Sestelo ten 31 anos e mide 1.90m xogou no Real Madrid Castilla, Numancia, Ceuta, Huesca, Villajollosa, San Sebastián de los Reyes e como dixemos antes no Linares.

Últimos movementos do Compos

O Compos firmou xa os seus dous dianteiros; Lecce firmará por 5 meses e terá q cenvencer a Baleato para quedar no mercado de inverno, o outro dianteiro firma por unha tempada. Tamén se supo que Pablo Rodriguéz foi dado de baixa do equipo, e aínda queda outra baixa que pode ser Sergio, cedido, ou a non inscripción de Vladimir polos seus problemas de papeles ou a de Petter polos seus problemas cos papeis.

jueves, 27 de agosto de 2009

O Compos queda fóra da Copa

A SD Compostela quedou eliminada da Copa do Rei tras perder 1-2 ante o Zamora. O equipo inicial de Baleato foi: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez. No minuto 8 adiantouse o Zamora por medio de Saúl Yago que lle roubou a carteira a Jesús Torres para quedar só ante Alberto; no minuto 37 Iván empataba para o Compos; xa na segunda parte o Zamora volvia adiantarse por medio de Manu Arias no minuto 52; no minuto 68 era expulsado o dianteiro do Compos Rubén Márquez; a partir de ahi Baleato realizou as súas sustitucións, no minuto 72 entraron Centrón por Ángelo e Kelvin por Jesús Torres e no 84 entrou Adrián por Catú.

O partido asistiron 1000 aficionados que viron un bo partido con opcións pos dous equipos e no que marcaron diferencias os fallos defensivos do Compos, xa que o primeiro gol chegou nun claro erro de Jesús Torres e o segundo nunha falta que o Compos deixouse rematar no segundo pao; aínda así pudose ver un bo Compos en varias fases do partido.

O Pío XII ten novo fichaxe

O Pío XII fichou a escolta rusa Nadezca Kudrina; Kudrina ten 32 anos e mide 1.70 m, chega procedente do Arxil onde promediou 10 puntos por partido en 28 minutos.

miércoles, 26 de agosto de 2009

Hoxe Copa do Rei

Hoxe terá lugar en San Lázaro as 20.30h a disputa da eliminatoria da Copa do Rei entre a SD Compostela e o Zamora; a eliminatoria dispútase a partido único. Este partido será gratuito para oa abonados do Compos.

Baleato poderá contar con Rubén Márquez para este partido sen embargo terá as baixas de Vladimir, que segue enfermo; Pato, cunha luxación de hombro; e Petter que segue sen arranxar os seus papeis; ademáis será dubida hasta última hora Mariño, que sufriu un accidente de tráfico sen consecuencias pero que sufre dores derivados do golpe.

martes, 25 de agosto de 2009

Preséntase o Xacobeo Galicia

O equipo ciclista que participará na Volta a España foi hoxe presentado; o equipo conta con Ezequiel Mosquera, de Teo, que parte como candidato o podium.

O goleador do Compos non chega

O Compos esperaba onte a chegada de Lecce a Santiago, o arxentino viña para ser o goleador do equipo, pero non chegou. Agora esperase que chegue hoxe a mediodía, pero este caso recorda o de Carneiro ou o do Chengue Morales, esperemos só fóra un retraso e o Compos poida ter o seu dianteiro.