jueves, 25 de junio de 2009

Gonzalo cerca da SD


Gonzalo García Cea, xogador do Ciudad de Santiago, estaría a punto de fichar polo Compos; segundo dixo hoxe o presidente da SD Compostela, Xosé María Caneda, na Cadena Ser. Desta maneira Gonzalo sería o segundo fichaxe do compostela despois da chegada de Chapi.


Gonzalo naceu na Coruña o 25 de febreiro de 1986 e xoga de mediocentro. Esperemos ver nos próximos días se cerra o seu fichaxe pola SD Compostela.


Gonzalo podería ter dous vellos coñecidos na SD Compostela xa que según os rumores o Compos pretende o porteiro Mackay e o dianteiro Maikel compañeiros de Gonzalo no Ciudad de Santiago.


Por outra banda tamén se supo que o contrato de Chapi será dunha tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario