jueves, 25 de junio de 2009

Chapi xa é xogador do Compos


Onte confirmouse que David Vázquez "Chapi" xogará a tempada que ven na SD Compostela; o acordo certificarase o venres, según deu a saber a SD Compostela na súa páxina web.


Chapi naceu o 2 de abril de 1985 na Coruña, é defensa central ainda que tamén pode xogar excepcionalmente como lateral; Chapi foi formado na canteira do Deportivo, onde chegou a debutar no primeiro equipo da mán de Joaquín Caparrós, o cal contou con el nalgún partido o igual que posteriormente Lotina; no verán do 2008 tras non chegar a un acordo co Deportivo para a súa renovación marcha o SV Zulte Waregem, da primeira división belga, onde xogou durante a tempada pasada e desde onde pon rumbo a Santiago para convertirse no primeiro fichaxe da SD Compostela de cara a xogar o ano que ven na Segunda B.


No hay comentarios:

Publicar un comentario