lunes, 29 de junio de 2009

O Dubra gaña a Copa do Sar con susto incluido

O Dubra e o novo campión da Copa do Sar tras gañar 1-2 o Flavia, que buscaba gañar a súa terceira Copa do Sar seguida. O partido estivo marcado polo susto que provocou o choque entre o porteiro do Dubra, Manuel e o capitán do Flavia, Ero; o golpe produciuse no minuto 55 e ambos xogadores chocaron ca frente, o peor parado foi Ero que tivo que ser trasladado o hospital. Tras este susto reanudouse o partido e chegaron os goles, no minuto 56 adiantábase o Flavia cun gol de Tino, pero o Dubra acabaría remontando con goles de Roberto no minuto 73 e Luis no 86; para así levar a Copa por terceira vez na súa historia.

Na final da Copa Concello de Santiago o Peleteiro proclamouse campión nos penaltis tras acabar o partido empatado a tres.

E na Copa Galicia Feminina o Ciudad de Santiago non pudo co Rápido de Bouzas que gañou 5-0 e deixou as santiaguesas sen este preciado trofeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario