domingo, 30 de agosto de 2009

O Compos empata

A SD Compostela conseguiu un punto tras empatar contra o Palencia a ceros, a alineación titular do Compos foi: Pablo, Catú, Toño, Ángelo, Jimmy, Claudio, Chapi, Iván, Centrón, Gonzalo e Kelvin, na segunda parte entraron Jesús Torres, Adrián e Rego.

Por outra parte o Ciudad de Santiago sacou un punto da difícil visita a Abegondo tras empatar a uns co Deportivo B.

Comeza a liga

Hoxe as 18.30 en San Lázaro dará comezo a tempada da SD Compostela co partido ante o Palencia, a alineación que podería sair de inicio é: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez; Rubén foi sancionado dous partidos tras a súa expulsión da Copa, pero o club pediu a suspensión cautelar da sanción e en caso de serlle concedida podería ser titular, en caso de que non se lle concedera barallábase a posibilidade de xogar con Claudio de dianteiro.

Tamén hoxe dará comenzo a tempada para o Ciudad de Santiago que finalmente xa ten xogadores e desprazarase para xogar o seu partido contra o Deportivo B en Abegondo.

sábado, 29 de agosto de 2009

O Ciudad xa ten xogadores

Onte Villalba presentou en Santa Isabel os seus xogadores, 17 fichas que comezaron a entrenar de cara o partido deste fin de semana, o entrenamento estivo dirixido polo director deportivo Duco e a semana que ven agardase a chegada do entrenador e dos xogadores que pecharán a plantilla.

Hay moitas posibilidades de que o Ciudad se vaia xogar a Xinzo de Lima, deixando así Santiago.

viernes, 28 de agosto de 2009


O dianteiro firmado por un ano polo Compos é Sergio Sestelo que procede do Linares.
Sestelo ten 31 anos e mide 1.90m xogou no Real Madrid Castilla, Numancia, Ceuta, Huesca, Villajollosa, San Sebastián de los Reyes e como dixemos antes no Linares.

Últimos movementos do Compos

O Compos firmou xa os seus dous dianteiros; Lecce firmará por 5 meses e terá q cenvencer a Baleato para quedar no mercado de inverno, o outro dianteiro firma por unha tempada. Tamén se supo que Pablo Rodriguéz foi dado de baixa do equipo, e aínda queda outra baixa que pode ser Sergio, cedido, ou a non inscripción de Vladimir polos seus problemas de papeles ou a de Petter polos seus problemas cos papeis.

jueves, 27 de agosto de 2009

O Compos queda fóra da Copa

A SD Compostela quedou eliminada da Copa do Rei tras perder 1-2 ante o Zamora. O equipo inicial de Baleato foi: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez. No minuto 8 adiantouse o Zamora por medio de Saúl Yago que lle roubou a carteira a Jesús Torres para quedar só ante Alberto; no minuto 37 Iván empataba para o Compos; xa na segunda parte o Zamora volvia adiantarse por medio de Manu Arias no minuto 52; no minuto 68 era expulsado o dianteiro do Compos Rubén Márquez; a partir de ahi Baleato realizou as súas sustitucións, no minuto 72 entraron Centrón por Ángelo e Kelvin por Jesús Torres e no 84 entrou Adrián por Catú.

O partido asistiron 1000 aficionados que viron un bo partido con opcións pos dous equipos e no que marcaron diferencias os fallos defensivos do Compos, xa que o primeiro gol chegou nun claro erro de Jesús Torres e o segundo nunha falta que o Compos deixouse rematar no segundo pao; aínda así pudose ver un bo Compos en varias fases do partido.

O Pío XII ten novo fichaxe

O Pío XII fichou a escolta rusa Nadezca Kudrina; Kudrina ten 32 anos e mide 1.70 m, chega procedente do Arxil onde promediou 10 puntos por partido en 28 minutos.

miércoles, 26 de agosto de 2009

Hoxe Copa do Rei

Hoxe terá lugar en San Lázaro as 20.30h a disputa da eliminatoria da Copa do Rei entre a SD Compostela e o Zamora; a eliminatoria dispútase a partido único. Este partido será gratuito para oa abonados do Compos.

Baleato poderá contar con Rubén Márquez para este partido sen embargo terá as baixas de Vladimir, que segue enfermo; Pato, cunha luxación de hombro; e Petter que segue sen arranxar os seus papeis; ademáis será dubida hasta última hora Mariño, que sufriu un accidente de tráfico sen consecuencias pero que sufre dores derivados do golpe.

martes, 25 de agosto de 2009

Preséntase o Xacobeo Galicia

O equipo ciclista que participará na Volta a España foi hoxe presentado; o equipo conta con Ezequiel Mosquera, de Teo, que parte como candidato o podium.

O goleador do Compos non chega

O Compos esperaba onte a chegada de Lecce a Santiago, o arxentino viña para ser o goleador do equipo, pero non chegou. Agora esperase que chegue hoxe a mediodía, pero este caso recorda o de Carneiro ou o do Chengue Morales, esperemos só fóra un retraso e o Compos poida ter o seu dianteiro.

lunes, 24 de agosto de 2009

O Compos cerca de cerrar o seu goleador

O Compos está cerca de cerrar a Lucciano Lecce; dianteiro arxentino de 26 anos e que chega desde a segunda B italiana onde o ano pasado marcou 15 goles en 40 partidos; espérase tamén fichar outro goleador, un home que marque diferencias pero non se ten prisa e si non se ficha agora intentarase en decembro.

Amistosos do Compos

O Compos disputou este finde semana dous novos amistosos; o sábado xogou ante o Celta B, o resutado foi 0-0 e o once inicial estivo composto por Alberto na porteria; Angelo, Catú, Toño e Jesús Torres como defensas; Claudio, Petter, Jimmy e Gonzalo no centro do campo e Kelvin e Rubén Márquez como dianteiros.

O segundo amistoso xogouse o domingo contra o Chantada e o Compos gañou 3-0, o once inicial foi Pablo de porteiro; Angelo, Catú, Toño e Jimmy de defensas; Claudio, Seba, Pablo Rodríguez e Gonzalo no centro do campo e Iván e Rubén Márquez foron os dianteiros; os goles foron de Jimmy, Sergio e de Kelvin; os dous últimos entraron na segunda parte xunto con Alberto, Jesús Torres, Adrián e Rego.

O Lobelle gaña o sábado pero perde o domingo

O Lobelle disputou este fin de semana o memorial Celso Currás; o sábado gañou o Burela 5-2 con goles de Rubi (2), Aicardo, Revilla ( en propia porta) e Nacho; o domingo disputou a final contra o Marfil Santa Coloma e caeu por 5-3, os goles do Lobelle foron de Alemao, Luis e Juan Puertas.

viernes, 21 de agosto de 2009

Dous novos fichaxes para o Obradoiro


Hoxe a tarde o Xacobeo 2010 Blu:sens adquiría dous novos xogadores. Un deles o xa mencionado Dimitry Flis, xogador que chega cedido do Joventut. Mide 2.03 m e é un ala-pívot de gran proyección. A última tempada xogou cedido no Lleida na Leb Ouro; promediando 15 minutos de juego, 7 puntos e 3 rebotes.
O segundo fichaxe é o español Héctor Manzano, ten 29 anos e mide 2,05 metros e pode xogar de 3 ou de 4. A última tempada xogou no Basket Vic na Leb Ouro; promediando 19 minutos, 7 puntos e 3 rebotes por partido.

O Obradoiro suma e sigue


Novo fichaxe do Xacobeo 2010 Blu:sens; esta vez trátase dun ala-pívot croata, Drago Pasalic de 25 anos, 2.08 m e 108 kilos. Chega desde o Bilbao Basket en calidade de cedido, onde a pasada tempada promediou 6 puntos e 3 rebotes en 13.7 minutos; xogou o play-off frente a Tau e promediou 15 puntos e 5 rebotes en 22 minutos. Pasalic pode xogar de 4 ou de 5.


O Obradoiro fáltanlle dous pívots, dos cales un será extracomunitario, un xogador que poida actuar de 3 ou de 4 e dous bases. En relación a estes posibles fichaxes onte saleu o nome de Dimitry Flis un ala-pívot de 24 anos e 2.03 m, ex de Joventud, e que podería ser o seguinte en chegar se todo sae ben.

jueves, 20 de agosto de 2009

O Obradoiro xa ten pívot


O Xacobeo 2010 Blu:sens xa ten o seu pívot, trátase do nigeriano Jeleel Akindele de 26 anos, mide 2.14 m e pesa 108 kilos; procede do Scavolini de Pesaro italiano onde promediou uns números de 11.5 puntos, 6.7 rebotes e 1.7 tapóns por partido en 22.4 minutos. Antes de xogar en Italia xogou no Pau Orthez e tamén é internacional con Nigeria.


O proyecto do Obradoiro está a ilusionar e así o demostra que o 50% do pabellón xa está completado; xa van 2.500 abonados.

miércoles, 19 de agosto de 2009

O Beirasar xa ten os seus dous primeiros fichaxes

Os primeiros fichaxes do Beirasar Rosalía so Erik Kangas e Manu Ferreiro.

Kangas é un escolta estadounidense que tamén pode xogar de aleiro e que chega procedente da Universidad de Oackland da NCAA1, ten 22 anos e mide 1.91m.

O segundo aínda non está cerrado, pero cerrarase pronto; é Manu Ferreiro, vigués que chegaría cedido do Club Baloncesto Valladolid; Manu é un base de 1.85m e de 19 anos.

O Compos gaña o Celta

A SD Compostela gañou o Celta por 2-0, os goles do Compos marcaronos Jesús Torres e Claudio; o Compos domiñou o partido e gañou merecidamente.

O equipo inicial que xogou nun 4-1-4-1 e do cal séguense sacando pistas dos que serán este ano os titulares, foi:

Pablo de porteiro; Chapi e Toño de centrais; Jesús Torres e Catu de laterais; Claudio de mediocentro; Gonzalo e Mariño de mediapuntas; Miguel Centrón e Iván de interiores e Petter de dianteiro.

O Lobelle perde co Ínter

O Lobelle perdeu 5-3 en Bueu ante o Ínter Movistar nun partido no que deu a cara e tivo moitas oportunidades de gol e a pegada do Ínter marcou a diferencia. Para o Lobelle marcaron Alemao, David e Leitao; e para o Ínter marcaron Daniel (2), Borja, Juanra e Neto.

Fichaxe do Pío XII


O Pío XII fichou a pívot americana Baendu Lowenthal, xogadora de 23 anos e 1.84m de altura que procede da Universidad Fairfield da NCAA. A tempada pasada promediou 16 puntos e 7.6 rebotes por encontro.
Con este fichaxe o Pío XII moi posiblemente dará a súa plantilla por pechada.

Segue fichando o Obradoiro


O Xacobeo 2010 Blu:sens fichou o Tuky Bulfoni, aleiro arxentino de 33 anos que chega procedente do Manresa; a tempada pasada promediou 9.5 puntos en 23 minutos, ademais de dous rebotes.

martes, 18 de agosto de 2009

Dedovic cerrado co Obradoiro

O Regal Barcelona confirmou a cesión de Nihat Dedovic o Xacobeo 2010 Blu:sens.

lunes, 17 de agosto de 2009

O Compos só pode co Céltiga nos penaltis

A SD Compostela segue sen convencer; despois de perder contra o Ordes onte empatou no partido que o enfrentou o Céltiga; o partido rematou 2-2 e o Compos acabou levando o trofeo nos penaltis. O equipo segue sen funcionar nin en ataque, nin en defensa; só foi capaz de gañar o Dubra equipo de Preferente, mentras que ante o resto de equipos, todos de terceira sempre acabou perdendo ou empatando; desta maneira o equipo terá que traballar moito para rendir no grupo máis difícil da Segunda B. Este martes xogará un novo partido no que o Compos xogará contra o Celta, unha boa proba, na que esperemos ver outro Compos.

Nestes días tamén se está a falar das posibles cesións que vai facer o equipo; Diego ten moitas posibilidades de ir o Pontevedra B e Pato marchará seguramente o Santa Comba.

domingo, 16 de agosto de 2009

A SD perde en Ordes

A SD Compostela caeu 1-0 en partido amistoso xogado en Ordes contra o equipo local. Baleato deulle 60 minutos o equipo titular formado por: Pablo de porteiro; Ángelo, Chapi, Toño, Jimmy de defensas; Mariño, Claudio, Miguel Centrón, Iván como centrocampistas e Petter e Kelvin como dianteiros. A partir do minuto 60 entraron Jesús Torres, Gonzalo, Adrián, Catú, Seba (Pucheta), Pablo Rodríguez e Rego. Chapi e un contrario foron espulsados na misma acción.

Hoxe volve xogar a SD contra o Céltiga en A Illa, as 19.30h.

O Lobelle xoga o seu primeiro amistoso

O Lobelle estrenou a temporada frente o Pub Destranjis na Pobra do Caramiñal, partido xogado na memoria do xogador Alberto Villaverde. O Lobelle gañou 1-9 con goles de Moro (2), Rafael (2), Alemao (3), Leitao e un gol en propia porteria do equipo local.

sábado, 15 de agosto de 2009

Hoxe partido do Compos

Hoxe a SD Compostela xogará un partido amistoso en Órdenes contra o equipo local; o partid será as 19.30h e nese partido poderemos empezar a ver o sistema co que xogará o equipo e o xogo que fará. Para este partido o Compos xa contara con Jesús Torres e con Sekou Toure, do segundo Caneda dixo o Correo Gallego: "Sekou, al mergen de que se le haga ficha o no, se quedará todo el año para que se adapte; tiene un físico impresionante, más alto y más fuerte que Sion".

O Ciudad xa ten presuposto

Javier Villalba novo presidente do Ciudad de Santiago deu os datos do presuposto aprobado na asamblea do equipo; o presuposto será de 303.930€, aínda que segundo as palabras de Villalba se fixera falta duplicalo fariase.

viernes, 14 de agosto de 2009

Dedovic moi ilusionado por vir

Pese a que aínda non se cerrou a súa cesión, Nihat Dedovic deu unhas declaracións a El Correo Gallego nas que confirma que todo está cerca de cerrarse; as súas palabras:

"Voy a dar el cien por cien para ganar cada partido; jugaré al máximo nivel y desde luego estoy muy contento de poder jugar en un equipo ACB como el Obradoiro. Que se abonen, que vengan a los partidos, que van a disfrutar." También reconoce que el fichaje está casi hecho, aunque falta un poquito.

pero como vemos as súas palabras desprenden que xogará en Santiago. Dedovic está agora xogando o preeuropeo ca súa selección, xogando con xogadores como Teletovic ou Varda e sendo actor principal nos partidos, onde ten unha media de 16 puntos por partido.

Hoxe tamén nos pudemos enterar da oferta realizada por Jesse Young, un pívot de 2.07m e 29 anos que chegaría dende Murcia, e que non ocupa praza de extracomunitario, Young tamén xogou no DKV Joventud e no Estudiantes; tamén se está traballando na cesión doutra das perlas da ACB, Nikola Mirotic do Real Madrid, un pívot de 2.06m.

Jesús Torres volve o Compos


Finalmente, e tras parecer que non iba a vir, Jesús Torres ficha ca SD Compostela; desta maneira o ex do Ciudad regresa o equipo blanquiazul. Jesús Torres pode xogar de lateral ou incluso de central e xa ten a experiencia na Segunda B, na que xogou a tempada pasada.

jueves, 13 de agosto de 2009

David Itibo non quedará en Santiago

David Itibo, que aínda non firmara ca SD Compostela, non quedará en Santiago; ante a insistencia do xogador en ter contrato profesional o Compos decidiu non facerse cos seus servicios, tamén se tivo en conta que o xogador non foi totalmente do agrado do corpo técnico. A SD Compostela está agora a buscar un nove que cubra o posto que xa non vai ocupar Itibo.

Segundo fichaxe do Obradoiro


Alfonso Sánchez é o segundo fichaxe do Xacobeo 2010 Blu:sens, Alfonso Sánchez é un escolta de 1.95m e que naceu o 14 de febreiro de 1987 en Jaén; procede do Unicaja Málaga, aínda que a tempada pasada xogou como cedido no Lucentum Alicante e chega en calidade de cedido.


Mentrás a cesión de Nihat Dedovic aínda non se cerrou, o xogador recibiu novas ofertas que lle fixeron dudar aínda que o acordo entre Xacobeo e Regal Barcelona é total e finalmente parece que durante o día de hoxe cerrarase a súa incorporación.

miércoles, 12 de agosto de 2009

O Obradoiro cerca de cerrar o segundo fichaxe

Nas próximas horas o Xacobeo 2010 Blu:sens pode cerrar a súa segunda incorporación; trátase do serbio Nihat Dedovic e que chegaría do Regal Barcelona en calidade de cedido, Dedovic é un base de 1.96m e que cos seus 18 anos é unha das maiores promesas do baloncesto europeo; chegaría a Santiago en busca de minutos ACB despois de xogar a tempada pasada cedido no Cornella na LEB prata, onde foi un dos máximos artifices do ascenso do equipo a LEB ouro.

Entradas para ver o Celta

Xa se sabe o precio das entradas para o Compos-Celta e que serán de 15€ as de Tribuna e Preferencia e de 10€ as dos Fondos. As persoas que xa recolleran o seu carnet antes deste partido entrarán gratis.

Boas novas desde o hospital

Caneda en declaracións a El Correo Gallego dixo que os médicos apuntaron que o diagnostico de Vladimir é un virus estomacal e que en tres días xa se encontrará mellor; desta maneira o Compos podrá contar para a tempada con un dos seus xogadores máis determinantes durante o ano pasado.

martes, 11 de agosto de 2009

Vladimir ingresado no hospital

O xogador da SD Compostela Valdimir permanece ingresado no Hospital Clínico de Santiago; estivo en observación, aínda que agora xa está en pranta; todo apunta a que se trata dun virus. O Compos ten pensado que se o tempo de recuperación fóra largo Vladimir quedaría sen ficha ata decembro.

Por outra banda o Compos está a ter problemas cos dous últimos fichaxes que fixo e que aínda non firmaron; David Ibou quere un contrato profesional, mentras que o Compos só o quere con contrato aficionado, e Sebastían Pucheta está a ter problemas cos seus papeles, un problema que tamén está a ter Petter.

Pola no final da súa recuperación

Pola despois de 7 meses de lesión comezou esta semana a tocar balón e a facer algúns exercicios cos seus compañeiros, de todas formas seguirá cun traballo especifico e non volverá o traballo normal co equipo hasta dentro de dúas ou tres semanas.

Iago Casal pasa a formar parte do corpo técnico do Obradoiro

O Xacobeo 2010 Blu:sens conta xa entre o seu corpo co santiagués Iago Casal, que exercerá de terceiro entrenador e de delegado do equipo.

lunes, 10 de agosto de 2009

Soan os cedidos do Compos

Como xa dixemos no Compos sobran xogadores, quérese ter 24 fichas e de momento hai 25 xogadores e quéreselle facer sitio a Jesús Torres, ex do Ciudad, e a un dianteiro goleador. Para isto haberá que ceder xogadores e os primeiros rumores apuntan a Pato, os xuvenis Adrián e Diego, dos cales se podería ceder un ou os dous, e tamén soa para sorpresa de todos Vladimir que está a ter problemas para resolver os seus papales e poder quedar aquí; destes catro xogadores deberían marchar tres, nos próximos días sabremos quen son os sacrificados.

Verín 1 - SD Compostela 1

A SD Compostela empatou a un gol co Verín nun partido de pretempada onde xogou toda a plantilla salvo Rubén Márquez (recuperándose do golpe sufrido o sábado) e Rego (cunhas molestias, polo que non se quixo arriscar). O gol do Compos logrouno David Ibou, dianteiro francés que firmaba fai uns días e que comeza a dar rendemento; tamén xogou Sebastían Pucheta, o cal segue demostrando boas maneiras co balón.

Agora o Compos terá unha semana de entrenamentos antes de xogar o seguinte amistoso o próximo sábado; Baleato, que ata agora derá liberdade os xogadores para ver o que lle podían ofrecer comezará a traballar o sistema e a intentar conseguir o mellor once posible de cara o debut na Copa do Rey, o próximo día 26 de agosto.

domingo, 9 de agosto de 2009

Finalmente Pucheta firma co Compos

Finalmente Sebastián Pucheta firmou ca SD Compostela e non estará a proba como nun principio se comentou; Pucheta é un mediocentro de 23 anos con bo trato o balón e que chega procedente do Juventud uruguaio; nada máis aterrizar marchou para Bembibre onde xa debutou co equipo xogando media hora de partido, Baleato dixo del: "Pese a estar muy cansado, le vi muy buenas maneras, ve y lee muy bien el juego".

En referencia o partido, o Compos gañou 3-0 o Dubra con dous goles de Kelvin e un de Centrón. A mala noticia foi a lesión de Rubén Márquez, sufriu un golpe que lle fixo sangrar bastante e polo que tivo que ser vendado.

O problema co que se encontra agora o Compos son as fichas; ten 25 xogadores e só vai haber 24 fichas, 20 aficionadas e 4 profesionais ou 18 aficionadas e 6 profesionais según dixo Caneda; desta maneira terá que ceder xogadores e o presidente xa anunciou que haberá tres cesións, unha das fichas que quedaría libre sería para Jesús Torres e a outra podería ser para outra incorporación, que podería ser outro dianteiro centro que é o que solicita Baleato.

Hoxe novo partido en Verín as 18:30h contra o equipo local.

Primeiro fichaxe do Obradoiro


O Xacobeo Blu:sens xa ten o seu primeiro fichaxe; trátase do grego Kostas Vassiliadis, un aleiro de 25 anos e 1.98 m de altura e que firma por unha tempada, procede do Olympiakos aínda que a última tempada estivo cedido no Paok de Salónica onde promediou 15 puntos de media e no Premiata Montegranaro de Italia onde fixo máis de 11 puntos de media; Vassiliadis xa xogou na ACB, xa que xogou os play-offs 2005/06 e a seguinte tempada completa co Unicaja Málaga.


No referente os abonos, a cifra de abonados supera xa os 1500 en tres días.

sábado, 8 de agosto de 2009

O Lobelle podería ter novo patrocinador

O Autos Lobelle podería nas próximas semanas firmar un novo sponsor que incluso podería pasar a ser o principal. O que si se confirmou e que Stonepanel seguirá patrocinando o club está tempada.

viernes, 7 de agosto de 2009

Fichaxe para o Pío XII

O Pío XII fichou a Chineze Nwagbo, xogadora americana que procede do Unicaja Canaria e que é unha das mellores xogadoras da Liga Feminina 2.

Xogador a proba para o Compos

O Uruguaio que como comentamos chega a semana que ven é Sebastían Pucheta, xoga de mediocentro e chegará a proba.

Caledario LEB prata

Xa está o calendario da LEB prata onde participa o Beirasar Rosalía; podedes aceder a el neste enlace: http://www.feb.es/Pasarela/MostrarPasarela.aspx?Tipo=Calendario&g=2&t=2009

Finalmente resolveuse a duda e haberá dous grupos, pese a que nos últimos tempos estaba a tomar forza a opción de facer un só.

O Compos tamén quere a Jesús Torres

A SD Compostela segue a traballar na nova tempada; e como vimos adiantando nos próximos días firmará un dianteiro francés chamado David Ibou, tamén podería chegar para a semana un xogador procedente da Primeira División Uruguaia; e agora tamén volve a soar o regreso de Jesús Torres, ex do Ciudad de Santiago que pode xogar de central ou lateral; o fichaxe podería estar condicionado a que primeiro se teñan que ceder xogadores.

jueves, 6 de agosto de 2009

Partidos Compos fin de semana

Este fin de semana a SD Compostela xogará dous amistosos, o sábado en Bembibre contra o Dubra e o domingo en Verín contra o equipo local; os dous partidos serán as 19:30h

O Compos firmará un novo xogador

A SD Compostela firmará nas próximas horas a un dianteiro francés, David Ibou, que xa está en Santiago e que chega do fútbol belga; Ibou chegou a xogar no Girondins de Burdeos. A semana que ven tamén chegará a Santiago outro xogador do que só trascendeu que é Uruguaio e que chega da Primeira División Uruguaia.

O Compos tamén pode ter que traballar nas saídas para poder seguir fichando, por iso estase a pensar en ceder algún xogador dos que xa están na plantilla.

Rumores do Obradoiro

O Obradoiro está buscando os xogadores que formarán parte do equipo, os rumores falan de Diego Sánchez do Manresa, Samo Udrich do Estudiantes, Lucho Fernández do Breogán, Mario Stojic do Menorca aínda que parece complicado que veña e por último o nome que xurdiu hoxe foi o de Marko Tomas xogador do Real Madrid e polo que o Obradoiro preguntou, aínda que hai moitos máis equipos ACB detrás de este xogador, polo que costará traelo.

miércoles, 5 de agosto de 2009

Cambio de dorsais no Lobelle

De cara a nova tempada haberá cambios nos dorsais dos xogadores; desta maneira David cambiará o once que levaba a pasada tempada polo cinco que deixa Carlinhos e Pola pasará do catorce o sete que deixa César; os números que deixan estes xogadores serán para as incorporacións, Juan Puertas levará o once e Rafael o catorce. O número oito que hasta esta tempada levaba o mítico capitán Manu non o levará nadie, nun acto que sona a un xesto de respeto dos seus compañeiros e do club a un xogador que tanto fixo polo Lobelle.

Acábaselle o prazo o Ciudad

O Ciudad de Santiago ten de prazo hasta para inscribirse na Terceira División. Tras descender o equipo pretende seguir na Terceira pero para eso terá que cumplir os requisitos que pide esa categoria e todo antes de mañá.

martes, 4 de agosto de 2009

O Ciudad descende nos despachos


O Ciudad de Santiago non poderá xogar o ano que ven na Segunda B o non cumplir cas garantías que se lle pedían; a AFE solicitou o descenso federativo e este xa foi confirmado. En principio, a intención do club e xogar en Terceira División e parece que é o que pasará; desta maneira a praza que deixa o Ciudad sería, a falta de confirmarse, para o Montañeros. En caso de desaparecer o Ciudad todo apunta a que esa praza a ocuparía o Ourense; aínda que como dicimos parece moi probable que o equipo saia en Terceira.

O Compos presenta a Pablo e ficha a Gonzalo


A SD Compostela presentou hoxe a Pablo Rodríguez como novo xogador do equipo; Pablo é un centrocampista zurdo que xa disputou a Segunda División e que en España xogou no Deportivo B, Racin de Ferrol, Lugo e Atlético Baleares.


Hoxe o Compos tamén anunciou o desexado fichaxe de Gonzalo, centrocampista diestro procedente do Ciudad de Santiago e que se estaba convertendo no culebrón veraniego do Compos; Gonzalo será presentado mañá as 18:30h.

O Compos ultima a súa plantilla

A SD Compostela segue preparando a nova tempada, aínda que xa chegaron varios xogadores a pantilla, esta aínda non está pechada; de feito nesta semana espérase a confirmación de tres novos fichaxes, desde o club só se apuntou a que serían dous mediocentros españois, un zurdo e un diestro; e un dianteiro extranxeiro.

lunes, 3 de agosto de 2009

O Santiago tamén queda fóra da Copa

O Santiago de Compostela quedou fóra da Copa Diputación; o partido ante o Laracha acabou con empate a un, pero o Laracha gañou a eliminatoria nos penaltis.

Os abonados poderán ver gratis ó Celta

Todos os abonados da SD Compostela que retiren o seu abono antes do día 18 poderán ver gratis o partido que se celebrará ese mesmo día entre o Compos e o Celta.

O Obradoiro dase 15 días de prazo

O Xacobeo 2010 Blu:sens está traballando na plantilla que disputará este ano a liga ACB; segundo o novo entrenador, esperase que en quince días este pechada toda a plantilla; así que as próximas semanas serán movidas para o Obradoiro.

domingo, 2 de agosto de 2009

O Compos queda eliminado

O Negreira eliminou a SD Compostela na Copa Diputación tras vencer no seu campo por dous goles a un. O partido foi moi disputado e o gol do Compos conseguiuno un dos seus novos fichaxes, o dianteiro Iván; tamén tivo unha actuación destacada outro recén chegado, o porteiro Alberto que detivo un penati.

O seguinte partido do Compos será a disputa dun amistoso en Bembibre o día 8 de agosto, partido que forma parte do Torneo do Emigrante.

sábado, 1 de agosto de 2009

Campaña abonados Xacobeo 2010 Blu:sens

A partir do próximo mércores, 5 de agosto, xa se poderá facer abonado do Xacobeo 2010 Blu:sens; para elo hai que pasar polo Multiusos Fontes do Sar de 10 a 14 e de 18 a 21; debese completar un formulario, este formulario podédelo atopar na páxina do club: www.obradoirocab.com