viernes, 31 de julio de 2009

Calendario ACB

Xa está listo o calendario ACB 2009/2010. O Xacobeo 2010 Blu:sens estrenarase na casa ante o todopoderoso FC Barcelona. Para ver o calendario completo entrade aquí: http://www.acb.com/redaccion.php?id=59708

Curro Segura entrenará o Xacobeo 2010 Blu:sens


Nas próximas horas farase oficial a chegada de Curro Segura como entrenador o Xacobeo 2010 Blu:sens; Curro Segura entrenou o Menorca, o cal ascendeu a ACB, na seguinte tempada marchou o Zaragoza o cal tamén ascendeu a ACB, onde estivo tres anos.


A vez, tamén será anunciado o nome do director deportivo; que será Alberto Blanco.

jueves, 30 de julio de 2009

Xa se pode pasar por taquilla

Desde mañán poderase pasar polas oficinas da SD Compostela para facerse abonado do club; os prezos oficiais son os que xa adiantaramos aquí;

Tribuna: 160€

Preferencia: 140€

Fondos: 120€

(a todos estes prezos hai que quitarlles 20€ para os abonados do ano pasado).

Para renovar hai que pasar polas oficinas que o club ten en San Lázaro que estarán abertas co seguinte horario:

Mañáns: de 10,30 a 13,30.
Tardes: de 17 a 21.


Por outra banda, nos seguintes días chegará a Santiago Sekou Touré, dianteiro africano que se incorporará os entrenamentos do Compos en calidade de proba; o final da pretempada decidirase se permanece no equipo esta tempada.

Juan Puertas xa é do Lobelle

Como adelantabamos á mañán o Lobelle estaba interesado no fichaxe de Juan Puertas, horas máis tarde o fichaxe xa está pechado. O ala-pivot de 29 anos procede do Carnicer Torrejón e será presentado mañán as 12 da maña.

Juan Puertas o reforzo que quere o Lobelle


O Lobelle de Santiago faltalle algún reforzo para a súa plantilla e un dos xogadores que o club quere é Juan Puertas; Juan Puertas é un ala-pivot que xa estivo as ordes de Tomás de Dios no Leis de Pontevedra onde destacou coa segunda volta que fixo. Eso si, o fichaxe non se fará se Juan Puertas non ven gratis e se o seu soldo é demasiado elevado.


O xogador que podía ser o tapado do verán Juan Pizarro, e do que xa falamos aquí, non o poderá ser, polo menos en Santiago, xa que será cedido o Pinto.

miércoles, 29 de julio de 2009

O Beirasar non quere cambiar horario, nin marchar de Sar

O Beirasar Rosalía anunciou hoxe que os seus partidos seguirán sendo os venres, as nove da noite e en Sar; o cal suporía un problema, xa que o Lobelle esta tempada tamén quere xogar os venres, en Sar e a mesma hora. O concello respondeu que en Sar só poden xogar dous equipos; os cales se presume que por categoria na que xogan serían o Lobelle e o Xacobeo 2010.

Desta maneira o concello pretende falar cos dirixentes de Beirasar para solucionar este problema, e que acepten xogar en Santa Isabel; onde tamén se disputarán os partidos do Lobelle B e do Pío XII.

Gustavo Aranzana, novo candidato


O Xacobeo 2010 Blu:sens segue buscando entrenador; e agora aparace un novo candidato, Gustavo Aranzana, seleccionador sub-20 e que onte tuvo unha cea en Santiago con dirixentes do club santiagués. Desta maneira únese a Hussein como candidatos a entrenar o equipo na ACB.

martes, 28 de julio de 2009

O Lobelle xa coñece o seu calendario

O Autos Lobelle de Santiago comezará a tempada na casa ante as Playas de Castellón o vindeiro venres 11 de setembro ás 21:00h no Multiusos Fontes do Sar.

Este é o calendario da tempada:

http://www.autoslobellefs.com/images/Descargas/descarga/b1fc45dd9cb07cfe1cbb0a5fe71e6362Calendario_Honor09-10.pdf

O Lobelle xogará os venres

O Autos Lobelle de Santiago deixará de xogar os seus partidos os sábados como viña facendo ata agora e pasará a disputar os seus encontros os venres as nove da noite. Este cambio é feito para que non haxa coincidencias cos partidos dos outros equipos da cidade e a xente poida acudir o Multiusos a ver o Lobelle.

lunes, 27 de julio de 2009

Calendario Pío XII

Xa temos o calendario da tempada 2009/2010 do grupo A da Liga Feminina 2, grupo no que se encontra o Pío XII.

Aquí tedes o enlace: http://www.feb.es/documentos/archivo/pdf/competiciones/LF2/calenLF2A09-10.pdf

Reparto pabellóns

O reparto dos pabellóns en Santiago a tempada que ven será:

Multiusos Fontes do Sar- Autos Lobelle de Santiago, Xacobeo 2010 Blu:sens

Santa Isabel- Beirasar Rosalía, Pío XII, Autos Lobelle de Santiago B

O Compos cerca de cerrar un novo fichaxe

A SD Compostela podería cerrar nas próximas horas un dianteiro francés. O equipo santiagués tamén segue rastrexando o mercado portugués, esta semana os equipos da primeira portuguesa descartarán os xogadores cos que non contan e o Compos agarda poder aproveitar para fichar algún xogador; aínda que para traer novos xogadores terá que ceder algún xogador, algo que xa se está plantexando.

sábado, 25 de julio de 2009

Volven as dornas

Este sábado regresan as dornas, na XII Regata da Dorna, organizada pola Asociación Cultural Lajareu por Barlovento de Ribeira, da que son socios e na que volven competir as dornas Moura, Rabuda II e Papoula gobernadas polos composteláns Marcos Buide, Elio Rozada, Xosé Díaz Cadaveira, Santi Moroño, Carlos Otero e Andrés. Na organización do evento teremos tamén un santiagués, Suso Cadaveira.

viernes, 24 de julio de 2009

Cambio partido Copa Diputación

O partido que enfronta a SD Compostela e o Negreira, e que pertence as eliminatorias da Copa Diputación, cambia de día e de campo; xogarase o día 1 de agosto, sábado, ás 19 horas no campo vello do Negreira, xa que o novo encóntrase en obras.

jueves, 23 de julio de 2009

Manuel Hussein principal candidato o banquillo do Xacobeo 2010 Blu:sens


Comezan os rumores sobre o Xacobeo 2010 Blu:sens; tras presentar a Miguel Juane como director xeral e o rumor da posible chegada de Chete Pazos como director deportivo, agora os rumores apuntan o posible técnico; sona coma principal candidato Manuel Hussein, técnico canario que entrena o CB Murcia desde novembro de 2005, equipo o que ascendeu a Liga ACB e o que salvou do descenso durante tres temporadas; Hussein ten contrato co Murcia, pero cos cambios que está a sufrir o clube fai posible a súa saída do clube murciano.


Como segundo candidato, por si fallara Hussein, sona Alfred Julbe.

No Lobelle poderían subir os prezos

Moi posiblemente, e se non hai novedades, a semana que ven o Autos Lobelle de Santiago comezará a súa campaña de captación de socios. Según se rumorea é moi posible que os prezos do ano pasado suban dos 60€ do ano pasado a 80€ para a nova tempada.

O Compos estudia baixar os prezos

Según os rumores a SD Compostela está estudiando baixar o prezo do Fondo Sur, o cal nun principio iba a valer 120€, igual co Norte; desta maneira existiría un abono máis barato co que se atraería máis xente o campo.

O Ciudad tamén terá que pagar

Como contamos a Federación enviou un escrito a SD Compostela, no que se dí que adeuda 550.000€; pois ben, agora outro comunicado chegou o Ciudad de Santiago para informar dunha deuda que ascende a 214.000€. Os dous equipos santiagueses terán que abonar estes cartos antes do día 31 de xullo.

Sorteo calendarios LEB prata e Liga feminina 2

Debido o alongamento do prazo de inscripcións, por mor da falta de equipos nalgunha categoria, veñense retrasando os sorteos dos calendarios; finalmente estes sorteos serán o día 27 de xullo para a Liga Feminina 2, onde estará o Pío XII, e o día 4 de agosto para a LEB prata, onde teremos como representante o Beirasar Rosalía.

Mackay e Raúl García rescinden o seu contrato

O Ciudad de Santiago e os xogadores Mackay e Raúl García chegaron a un acordo para a rescinsión do seu contrato e polo tanto non estarán no equipo da tempada que ven.

Da mesma maneira o club chegou a un acordo con outros nove xogadores entre os cales están Zabala, Changui e Maikel, que teñen contrato en vigor e seguirán no club.

miércoles, 22 de julio de 2009

Miguel Juane novo director xeral


Hoxe o Xacobeo 2010 Blu:sens presentou o que será o seu director xeral, Miguel Juane; ex xogador que militou no Obradoiro e que agora exerce de avogado; tamén estaba previsto a presentación da nova camiseta pero o non poder asistir os patrocinadores esta aplazouse para a semana.


Agora o seguinte paso é a presentación do director deportivo, tódolos rumores apuntan que este cargo será para Chete Pazo, que xa desempeñou este posto no Breogán.


Hoxe tamén se fixeron oficiales os precios dos abonos, e que serán:


Tribuna: 360-200€ según a zona


Esquina: 160-140€ según a zona


Fondos: 140-120€ según a zona

Kinho entrenando co Ciudad

O Ciudad comezou os seus entrenamentos con dezasete xogadores; os once que seguen da tempada pasada, tres do segundo equipo e outros tres a proba; os xogadores a proba son: Breogán que estivo no Ourense, Pedro Enrique brasileiro que pode xogar na defensa ou de centrocampista e a gran sorpresa Kinho, ex do Compos.

Hoxe superonse os prezos dos abonos e que serán:

Tribuna- 100€

Tribuna central numerada- 200€

Carnet Junior (14-18 anos)- 30€

Fondo Sur- 50€

A Tribuna terá os seguintes descontos:

Carnet Xubilados- 50€

Carnet Univeritarios- 50€

Descartado Carlos Carneiro

Como anunciamos, só flecos separaban a Carlos Carneiro da SD Compostela pero eses flecos non se puideron solucionar e o seu fichaxe queda practicamente descartado; agora búscase no mercado francés.

A Federación manda un escrito a SD Compostela solicitando 550.000 € para pagar a deuda de cando estivo en Segunda División.

martes, 21 de julio de 2009

Os clubes obrigan a marcha de Gascón


Despois da amenaza de moción de censura feita polos clubes de División de Honra e de División de Prata de Fútbol Sala, entre os cales se encontra o Lobelle; Carlos Gascón deixará de ser presidente da LNFS, Gascón está buscando unha saída honrosa, e rumorease que na próxima asamblea que terá lugar o 28 ou o 31 de xullo anunciarase a súa dimisión, o nomeamento dunha xunta xestora que se poría o frente da LNFS e a convocatoria de eleccións.

O Rosalía finalmente non será de ouro

Finalmente o Beirasar Rosalía xogará a LEB prata; ca oportunidade dada pola federación abriase a posibilidade de que o Beirasar xogará na LEB ouro, pero o non poder xuntar os cartos necesarios para estar nesta categoria non lle queda máis remedio que renunciar a esta posibilidade.

Comezan os adestramentos

Hoxe a tarde darán comezo a súa pretempada cos primeiros entrenamentos tanto a SD Compostela como o SAD Ciudad de Santiago.

O Compos dará comezo a súa nova andadura na segunda división B; despois da presentación de onte hoxe comezará o traballo; na presentación de onte puideronse ver as caras novas, así como a nova equipación co seu novo sponsor Noyamovil.

Mentras, o Ciudad arrancará hoxe a súa segunda tempada consecutiva na segunda B, cunha plantilla que hasta agora só conta con once xogadores.

Carneiro chega mañán a Santiago

O fichaxe de Carneiro levaba un tempo parado polos flecos que existían entre ambas partes, polas primas por obxectivos que o xogador quere incluir no seu contrato; pero según se rumorea mañá chegaría a Santiago e desta maneira o seu fichaxe podería cerrarse ca súa firma.

O Compos tamén terá a proba durante esta pretempada a dous xogadores, un lateral dereito e un centrocampista, os cales se decidirá se valen para xogar na categoria.

O Obradoiro cambia de nome

O CAB Obradoiro cambia de nome debido os patrocinios e pasará a chamarse Xacobeo 2010 Blu:sens. Como xa anunciamos maña e posible que se presente a nova camiseta e o nome do director xeral. Tamén empeza a haber noticias sobre os posibles precios dos abonos e que serán de pouco máis de cen euros.

lunes, 20 de julio de 2009

O Xacobeo patrocinará o Obradoiro

O CAB Obradoiro firmou un contrato para ser patrocinado por Xacobeo Galicia, desta maneira o Xacobeo únese a Blusens como patrocinadores na nova aventura do equipo santiagués na ACB. O Xacobeo aportará 1.250.000 € o club.

O próximo miércoles espérase que teña lugar unha presentación da sponsorización e é posible que nela se presente tamén a nova equipación e se de o nome do director xeral.

domingo, 19 de julio de 2009

Os partidos do Compos poderían verse en internet

A SD Compostela encóntrase negociando con deporte8.com a posibilidade de que o ano que ven poidanse ver algún dos seus partidos a través de internet; os partidos poderían seguirse dende a páxina do club www.sdcompostela.net e dende a páxina de deporte8.com

sábado, 18 de julio de 2009

Xa están formados os grupos da Liga Feminina 2 de baloncesto

O Pío XII estará no grupo A e terá como contrincantes os galegos Carmelitas, Pabellón Ourense, Arxil, Extrugasa, Ensino e o Universitario de Ferrol; os castelán leoneses Bembibre, Aros, Zamarat e Burgos; os extremeños Badajoz e Cáceres; ó avilesino ADBA e ó tinerfeño Uni-Tenerife.

O sorteo do calendario farase o próximo día 20 de xullo.

Xa hai sustituto para o Chengue


Tras a non chegada do Chengue Morales, o presidente da SD Compostela Xosé María Caneda xa se puxo a buscar un sustituto; e xa o atopou,como adianta hoxe no Correo Gallego, é un dianteiro centro de 25 anos procedente da canteira do Ajax e que xogou a pasada tempada en Francia e do que Caneda dixo o Correo Gallego que "haber si o convencemos" e o definiu coma "un tanque, pero moi rápido e con moita calidade".


Tamén comentou que só falta ese dianteiro centro de moitos kilates e un home de mediocampo, pero especificou que "non quero xogadores de medio pelo, estes dous postos hai que cubrilos con dous grandes futbolistas, teñen que marcar a diferencia"


Por último tamén falou de Gonzalo, xogador do que o Ciudad de Santiago dí que aínda ten contrato con eles, según Caneda as cousas están así de claras: "Gonzalo vai xogar no Compostela, contamos con el porque según o seu contrato quedou libre o 30 de xunio"


Para rematar, o patrocinador da SD Compostela será Noyamovil, co que se firmou un contrato de tres tempadas como xa adiantaramos.

O Beirasar aínda podría sair en ouro

Según as palabras do presidente do Beirasar Rosalía "si viene alguien con 200.000 € salimos en oro"; o Beirasar atópase a espera deste patrocinador para saber en que categoría saldrá, aínda que o presidente do Beirasar asegurou que "todo se resolverá está semana".

viernes, 17 de julio de 2009

Tres novas caras para o Compos


A SD Compostela anunciou onte tres novas fichaxes, a máis sorprendente é a de Carlos Carneiro, dianteiro portugués de 34 anos; e que viría no sitio do "Chengue" Morales co que se chegará a un primeiro acordo pero despois as súas pretensións económicas votaron abaixo o seu fichaxe; Carlos Carneiro xogou durante a súa carreira no Panionios grego, no Walsall inglés e en Portugal chegou a militar no Victoria de Guimaraes. Carlos mide 1.85 m, pesa 80 kg e ben de xogar no Paços de Ferreira a tempada pasada, onde disputou 19 partidos, todos como suplente e marcou 2 goles.


Os outros dous fichaxes son os previstos e dos que se fiñan falando nos últimos días, Alberto Domínguez e Iván Iglesias. Alberto Domínguez e un porteiro santiagués de 21 anos, mide 1.81 m e pesa 77 kg e durante a pasada tempada xogou no Fabril e foi nalgunha ocasión terceiro porteiro do Deportivo; e Iván Iglesias é un dianteiro que tamén pode actuar pola banda dereita, chega do Santa Comba e xa ten a experiencia de xogar na Segunda B, xa que militou nesta categoria no Negreira.

Manu xogará e non estará no Lobelle


Manu, eterno capitán do Lobelle non estará o ano que ben no corpo técnico do equipo; o Lobelle ofrecialle a praza de segundo adestrador pero Manu rexeitouna polas gañas que ten de seguir xogando. Finalmente Manu xogará o ano que ben na Primeira A, no equipo do Noia.

jueves, 16 de julio de 2009

O Beirasar plantease estar na LEB ouro

Debido a vacante que hai na LEB ouro polos problemas económicos dalgún equipo o Beirasar Rosalía ten a posibilidade de xogar na LEB ouro; o problema son os problemas que sufre o propio Rosalía e que fan difícil está opción, aínda así os directivos do club están a falar cos patrocinadores e non está descartada aproveitar está oportunidade.

Sorteo Copa do Rey

Hoxe celebrouse o sorteo para a primeira e a segunda ronda da Copa do Rey de fútbol.
A SD Compostela xogará na casa o día 26 de agosto contra o Zamora, e en caso de gañar xogaría a segunda fóra de casa o día 2 de septembro contra o gañador da eliminatoria UD Puertollano-Real Sociedad Gimnástica. Estas eliminatorias xoganse a partido único.

miércoles, 15 de julio de 2009

Precios abonos SD Compostela


Como adiantamos aquí SD Compostela estaba pensando en non poñer un abono único de 150€ e poñer precios máis baratos abrindo os fondos.


Os precios que se están barallando para a nova tempada son:


Tribuna- 160€


Preferencia- 140€


Fondos- 120€


A todos estes precios habería que descontarlles 20€ para aqueles que xa foron socios durante a tempada pasada.

Gonzalo pode ser do Compos maña


A SD Compostela manteu ayer unha reunión con Gonzalo para chegar a un acordo. Gonzalo, que a tempada pasada xogou no Ciudad de Santiago pediu contestar maña para ter tempo para pensalo, así que maña poderemos saber a resposta final do xogador. Mentras o Compos segue traballando nas incorporacións para a nova tempada, e según os rumores estasé falando con Alberto, porteiro do Fabril e que o ano pasado foi durante parte da tempada o terceiro porteiro do Deportivo; e de Ivan Iglesias, dianteiro do Santa Comba.


No calendario desta tempada o Compostela debutará en San Lazaro ante o Palencia, e o gran derbi co Ciudad de Santiago será o 11 de septembro na terceira xornada da Liga.

O Ciudad xa ten entrenador


O Ciudad de Santiago presentou hoxe o que será o seu entrenador a tempada que ven, será José Luis Lemos que terá como colaborador a Adrián Vázquez; José Luis ten como gran exito o ascenso en tempadas consecutivas do Montañeros desde primeira rexional hasta a terceira división.

Hoxe tamén se pudo saber o calendario da nova tempada; o Ciudad comezará xogando en Zamora e o seu primeiro partido na casa será contra o Racing de Ferrol; o derbi contra o Compostela será na terceira xornada o día 11 de septembro.

Acordo dos clubes de fútbol sala

Onte tuvo lugar a reunión entre os equipos do fútbol sala español en Segovia, alí dous tercios dos equipos de División de honra e prata, entre eles o Lobelle de Santiago; acordaron forzar a dimisión amistosa do presidente da federación Carlos Gascón.

martes, 14 de julio de 2009

O Compos xa ten o seu fichaxe estrela


A SD Compostela chegou a un acordo co xogador Richard Javier Morales Aguirre "Chengue Morales". O uruguaio Morales militou en Primeira División co Osasuna, onde fichou en 2002 sendo o fichaxe máis caro da historia do club naquel momento; máis tarde ficharía polo Malaga e no 2007 volveu o seu país desde onde pasaría o Gremio de Portoalegre, nestes momentos xogaba no Liga Universitaria de Quito onde xogou a Copa Libertadores. Morales chegou a ser internacional con Uruguai en 11 ocasións nas que conseguiu tres goles. O "Chengue Morales" e un dianteiro de 1.96m de altura, ten 34 anos e según os rumores firmaría polas próximas tres tempadas.


Hoxe tamén pudose saber que o Compostela levará un novo sponsor que firmará para a próxima tempada e dúas máis, o nome do sponsor aínda é unha incógnita.
Tamén se supo que Caneda entrará hoxe nas negociacións para cerrar o fichaxe dun dos xogadores do Ciudad de Santiago, rumorease que será Gonzalo ou Jesús Torres.

Juan Pizarro, o tapado do Lobelle


O Lobelle contará con outra cara nova para facer a pretempada; esta cara será Juan Pizarro, ala-pívot de 26 anos fichado o Escorial o inverno pasado e que inmediatamente foi cedido o Lanzarote; no Escorial logrou marcar 61 goles nunha tempada e ser un dos máximos goleadores; fará a pretempada co equipo e despois decidirase se queda.

Por outro lado a cesión de Marcos Vara o Gestesa está complicándose pola incompatibilidade cos estudios da súa carreira universitaria.

Hoxe tamén se pudo saber que Victor Chacón non conta para o corpo técnico e marchará ca carta de libertad do club.

Un Lobelle que segue recollendo os froitos da boa tempada que fixo e conta con tres xogadores nominados entre os mellores da Liga; Carlinhos nominado como mellor peche, Alemao como mellor ala-pivot e Carlos Barrón como xogador revelación.

Desta maneira o Lobelle segue a traballar de cara a nova tempada, tempada para a cal xa están definitivamente confirmados os partidos amistosos, que serán:

18 de agosto en Bueu: Lobelle-Inter Movistar

21 e 22 de agosto en Trabada: cuadrangular con Lobelle, Azkar, Marfil e Burela

29 de agosto en As Travesas: triangular con Lobelle, Coruxo e outro equipo por confirmar

4 de septiembre en El Escorial: Lobelle-El Escorial (partido sen confirmar)

Partidos da Copa Diputación da Coruña

O sorteo dos emparellamentos da Copa Diputación da Coruña deparou que o Compostela teña que visitar o Negreira o día dous de agosto; esta competición dispútase mediante eliminatorias e a un só partido. Tamén soubose o emparellamento do Santiago, o cal recibirá o Laracha.

Os equipos que gañen estas eliminatorias pasarán a octavos onde enfrentaranse entre eles, o Compos tería como rival no caso de pasar o gañador do enfrentamento entre o Calo e o Montañeros, mentres que o Santiago xogaría contra o gañador do Noia-Flavia.

O Ciudad de Santiago entrará na ronda de cuartos debido a ter xogado a pasada tempada en Segunda B.

Para marchar haberá que renunciar a cobrar

O Ciudad de Santiago puxo para aqueles xogadores que queiran marchar ca carta de libertad a condición de ter que firmalo finiquito e renunciar as nóminas que se lles debe.

lunes, 13 de julio de 2009

Novo foro para o blog

Desde hoxe poderedes entrar nun novo foro onde se falará de todo o que ten que ver co deporte en Santiago. Esperamos que o disfrutedes, a dereita tedes o enlace para entrar a este foro. Ademais neste parte do blog podedes ver como están as plantillas dos principais equipos da cidade.

O Lobelle apoiará a moción de censura


Maña en Segovia terá lugar unha reunión dos clubes de fútbol sala na que se decidirá si se presenta unha moción de censura contra o actual Presidente da Federación, Carlos Gascón; de momento vintedous equipos de prata e oito ou nove da división de honra están a favor desta moción e apoiarían a Javier Lozano como novo Presidente; entre estes equipos encóntrase o Lobelle de Santiago.


Mentras o Lobelle segue pendente de preparar a pretempada, unha pretempada na que a volta o traballo está prevista o día 3 de agosto e na que xa se confirman algúns amistosos, o día 21 de agosto xogarase un cuadrangular fóra de Santiago no que tamén esta o Azkar; aínda que o prato forte da pretempada será seguro o amistoso que o Lobelle disputará o día 18 de agosto contra o todopoderoso Inter Movistar. O Lobelle segue esperando saber se estará na Supercopa de España e que o normal e disputala antes da tempada, aínda que sonan rumores de que e posible de que se dispute os días 2 e 3 de enero en Almería, cidade sen equipo en división de honra, co que o Lobelle estaría nesta cita.


Outro dos frentes nos que se encontra o Lobelle e a posibilidade de que Manu entre a formar parte do cuadro técnico, de momento o capitán aínda non respostou a proposta do clube.

Semana clave no Compos


A SD Compostela pechará esta semana, polo menos, dúas novas fichaxes.


Sona Borja Facal Lema, xogador do Murcia B e que xogou nas categorias inferiores do Deportivo; e un interior dereito de 24 anos, aínda que tamén pode actuar de lateral.

O Ciudad busca entrenador

Según se rumorea é moi posible que entre hoxe e mañá o Ciudad de Santiago fiche xa o seu novo entrenador.

A SD segue na busqueda de reforzos

Despois da noticia da continuidade do Ciudad en Segunda B a SD Compostela quedou sen varios dos fichaxes que quería; por iso o plantel técnico segue a traballar e búscase un porteiro, un central, un interior zurdo e un dianteiro.

domingo, 12 de julio de 2009

Maña reunión co novo presidente do Ciudad

Javier Villalba, novo presidente do Ciudad de Santiago, chega maña desde Valencia para negociar con xogadores e técnicos a debeda de 200.000 euros que estes reclaman. O liquidar esa debeda ou ven negociala cos afectados e indispensable para que o equipo poda xogar na Segunda División B.

Unha vez solucionado este problema habera que pensar na contratación do entrenador e na chegada dalgún fichaxe, para comenzar a tempada o día 20 de xullo.

jueves, 9 de julio de 2009

O Compos queda sen reforzos

Hoxe confirmouse que os xogadores do Ciudad de Santiago que estaban a negociar ca SD Compostela seguramente e salvo sorpresa de última hora continuarán no Ciudad; desta maneira o Compos quédase sen Gonzalo, Mackay e Jesús Torres e terán que buscar os xogadores que precisan noutros equipos.

O Beirasar inscrito na LEB prata

Como xa se adiantaba onte o Beirasar Rosalía incribiuse durante a maña de hoxe na LEB prata, onde finalmente xogará a vindeira tempada.

miércoles, 8 de julio de 2009

O Beirasar saldrá en LEB plata

Finalmente e trás ver os pros e os contras o Beirasar Rosalia decidiu xogar a tempada que ven na LEB plata, maña procederase a inscripción e a partir de ahi formarase o equipo, o cal, estará entrenado por César Iglesias, que desta forma seguirá no banquillo do Beirasar.

Durante a pretemporada estarán entrenando co primeiro equipo tres xogadores da canteira, dos cales dous ou incluso os tres formarán parte da plantilla desta tempada, Pose e Pantín son os que contan con máis posibilidades de ocupar estas prazas.

martes, 7 de julio de 2009

O Ciudad quédase en Segunda B

O Ciudad de Santiago xogará a tempada que ven na Segunda División B despois de que, como xa descubrimos aquí, unha empresa, finalmente valenciana, fágase co seu control; esta empresa comprou o 65% das accións do club e ademáis fará frente o 100% da deuda do club e negociará a deuda que existe cos xogadores. Desta maneira a tempada que ven poderanse vivir dous derbis en San Lázaro entre o Ciudad e o Compos que seguro serán vibrantes.

sábado, 4 de julio de 2009

Chapuza da Federación Española

Os equipos galegos da Segunda División B atópanse indignados pola confección dos grupos feita pola Federación Española; e sobretodo síntense perxudicados tanto económica coma deportivamente; o estar encadrados no grupo cos equipos vascos, navarros e casteláns leoneses e non cos cántabros e asturianos como sería natural pola cercania xeográfica fai que os desprazamentos sexan máis longos e polo tanto máis caros, e cos graves problemas económicos sufridos polos equipos galegos o aumentar os costes dos viaxes fai que os presupostos débanse axustar máis; ademáis deportivamente os equipos galegos encóntranse de supeto nun dos grupos máis fortes da categoria e donde o ascenso vai tar moi caro, cos poderosos equipos vascos e navarros e con equipos importantes de castelá e león.

viernes, 3 de julio de 2009

O Lobelle podería ir a Supercopa

O Lobelle estará atento nos próximas semanas a elección da sede da Supercopa de España, pois podería participar nela. Os equipos que estarán seguro son o Inter Movistar como campeón da Copa, o Pozo gañador da Liga e o FC Barcelona como terceiro da fase regular. A cuarta praza sería po equipo da cidade anfritiona, pero se esta cidade non tivera equipo en División de Honra entón esa praza sería po cuarto da fase regular, praza que ocupou o Lobelle.

Duelo con recordos de primeira

O día 18 de agosto as 21h da noite, terá lugar un amistoso entre o RC Celta e a SD Compostela; o partido será en San Lázaro. Un partido co que poderemos recordar aqueles derbis galegos que tantas veces se xogaron na primeira división.

O Obradoiro na ACB

A ACB confirmou que o ano que ven o Obradoiro xogará na máxima categoria do baloncesto español.

jueves, 2 de julio de 2009

O Compos a por un superfichaxe

Falabamos estes días do interés da SD Compostela por Kelvin, xa fichado, e por un mediapunta ex do Ourense e que xogou a última tempada en Portugal. Pois ben, esta negociación está paralizada e a SD podería sorprender con un gran fichaxe; o que se filtrou a prensa e que o Compos está a traballar na fichaxe dun dianteiro coñecido e do cal se terán noticias en corenta e oito horas, pois este e o prazo para cerrar o fichaxe; despois deste tempo descartariase a chegada deste fichaxe; o nome deste dianteiro non se sabe e permanecera oculto hasta que acaben as negociacións, que como decimos teñen de prazo os próximos dous días.

O Ciudad podría seguir na Segunda B

O notición do día chega dende o Ciudad de Santiago. O club ten un acordo cunha empresa con capital non galego q pagaría a deuda que ten o club e poría o presuposto da nova tempada, se esto se confirmara o Ciudad seguiría en Segunda B e xogando en Santiago; fálase de que tamén hai outra oferta dunha empresa valenciana pero esta de momento non se estaría estudiando; e iso é porque todos os sentidos están agora postos nesta oportunidade. Tamén se aparca, de momento, a opción de vendela praza na Segunda B.

Tono renova

O Santiago de Compostela renovou o seu entrenador Tono de cara a tempada próxima. Recordamos que o Santiago de Compostela este ano estará xestionado polo Conxo.

O Gestesa quere a Marcos Vara

Os rumores que se comentaban días atrás sobre a renovación e posterior cesión de Marcos Vara empezan a ser realidades; debido as cláusulas de que consta o seu contrato, polas cales pode ser cedido se él da o visto bo. O Gestesa xa foi o primeiro en interesarse polo porteiro do Lobelle e xa solicitou a súa cesión, o Lobelle esperará agora a decisión de Tomás de Dios e finalmente a de Vara.

O Compos ficha a Kelvin

Como adiantamos a SD Compostela mantiña negociacións con Kelvin, estás negociacións remataron hoxe co anuncio do seu fichaxe. O dianteiro de 18 anos procede do Caselas, equipo no que a tempada pasado marcou 18 goles.

Está tarde serán presentados os rapaces procedentes do Xuventude de Aguiño, Diego e Adrián.

O Beirasar podría non xogar a LEB prata

Hoxe celebrarase unha xunta directiva no Beirasar Rosalía; nela analizarase o presuposto desta tempada, que como máximo sería un 70% do da tempada pasada; e entón tomarase a decisión de se este presuposto e suficiente para competir na LEB prata ou si se debe sair na liga EBA, o xoves que ven deberase facer a inscripción da liga EBA e poderemos sair de dudas.

César Iglesias está conforme en seguir entrenando o Beirasar a tempada que ven, si sale en prata; si saíra en EBA habría que poñerse en contacto con él e esperar a súa decisión.

miércoles, 1 de julio de 2009

Vara renova co Lobelle


Marcos Vara renovou co Autos Lobelle de Santiago, o porteiro de Benavente e canteirán do club renova polas próximas tres tempadas. Eso si existen rumores que apuntan a que será cedido durante a próxima tempada e que regresará o fin dela para ocupar o sitio de Mendiola que acaba contrato, aínda que de momento só son iso: rumores e a única verdade e que durante as próximas tres tempadas Vara será do Lobelle.