domingo, 28 de junio de 2009

Tres caras novas no Pio XII

O Pio XII fixo no que vai de verán tres fichaxes de cara a tempada que ven, as novas xogadoras son: Nereida Ramírez, pivot de 28 anos e 188cm de altura procedente do Proffasa Badajoz Extremadura e que a tempada pasada firmou uns números de 26 minutos, 12 puntos, 8 rebotes e 15 de valoración por partido; Itziar Germán, aleiro de 23 anos e 182cm de altura que tamén chega do Proffasa Badajoz Extremadura e que o ano pasado promediou 28 minutos, 10 puntos e 4.5 rebotes; e Sofia da Costa, base de 29 anos que ven de xogar no Obenasa Navarra cuns números de 24 minutos, 9 puntos e 3 asistencias por partido.

Con estes fichaxes e as renovacións de Mar Xantal, Laura Grande, Ana Román, Carolina Díaz, Isabel Suárez Noya e a do técnico José A. Rivera "Mozán" a plantilla está case feita; o club está agora a traballar e seguindo o mercado con máis calma, ainda que se esperan dúas xogadoras máis para formar o plantel definitivo con dez mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario