sábado, 27 de junio de 2009

Dornas Santiaguesas na Illa de Arousa


Hoxe terá lugar a XXV Volta a Illa de Arousa, esta competición está organizada por A.C.D. Dorna, para máis información dispón dunha páxina con todo sobre esta proba, http://www.acddorna.org/blog/ ; nesta competición participaran as embarcacións máis típicas da costa galega, as dornas.


E entre todos os participantes contamos con tres dornas tripuladas por Composteláns:


"Moura" con Marcos Buide de patrón e Elio Rozada de tripulante,

"Rabuda II" patroneada por Xosé Díaz Cadaveira axudado por Santi Moroño e

"Papoula" co patrón Carlos Otero e Andrés coma parella


todos eles pertencentes a asociación "Lajareu por barlovento" de Ribeira, se queredes saber máis deles dirixirvos o seu blog: http://lajareu.blogspot.com/


Desexámoslle sorte e que sigan facendo que estas embarcacións tan galegas non abandonen os nosos mares.

1 comentario:

  1. Pois alí estivemos, unha decena das dornas do Lajareu e 62 en total, desgraciadamente o vento do sur ía en aumento e a organización decidiu sabiamente suspendela regata. Aínda así o dia foi maravilloso, xuntouse unha morea de xente en torno a este espectáculo de deporte e cultura.
    Podedes atopar mais informacion no blog da asociacion organizadora á que hai que darlle un enorme parabén polo miudo da súa previsión.
    http://acddorna.org/blog/blog.php?id=77
    A próxima aventura da Moura e da Rabuda II este sabado na travesía Ribeira - Muros para acudir aos Encontros de Embarcacións Tradicionais.
    Ai van as entradas sobre este tema.
    http://lajareu.blogspot.com/
    http://www.mardemuros.com/index.html
    Meu, os meus parabens e un saudo, segue adiante co blog, non atopara ningún sobre este tema.

    ResponderEliminar