martes, 30 de junio de 2009

O Compos na busca do gol

Os rumores apuntan a que a SD Compostela está tamén a buscar dous dianteiros con gol; e según se pudo saber trátase de Kelvin, dianteiro centro de 1.90m, que xogou esta tempada no Caselas na preferente, onde conseguiu 18 goles; do outro xogador non se sabe o nome, pero si que xogou está tempada no Espiño portugués onde marcou 9 goles está tempada, que ocupa a posición de mediapunta e que nunha etapa anterior xogou no Ourense en Segunda B.

Jesús Torres podría volver a xogar no Compos


Os rumores de fichaxes da SD Compostela continuan, nas últimas horas súpose que o fichaxe de Gonzalo, mediocentro do Ciudad de Santiago, está case pechado; outro xogador do Ciudad está preto do Compos; Jesús Torres, o cal atópase en negociacións ca SD, o central está a espera de saber se podra compaxinar o seu traballo, e parece que o traballo pode ser o único que o alexe de vestir a camiseta do Compos a cal xa vestiu nunha etapa anterior.

Pola contra Ian Mackay e Maikel, tamén do Ciudad de Santiago, e os que os rumores poñían xogando na SD alónxanse; no caso de Maikel por problemas pasados con Caneda, e no do porteiro por non aclararse co seu futuro. Aínda así non se poden dar por descartados.

Onte Caneda confirmou no programa Quinto Árbitro que o presuposto da tempada que ven será de 700.000€, tamén aclarou que os prezos dos abonos aínda non están decididos e que se está estudiando a posibilidade dun abono máis barato cos 150€ dos que se fala. Seguramente este abono sería para ver os partidos dende os fondos.

O Obradoiro prepara a súa chegada a ACB

Os dirixentes do Obradoiro non perden o tempo e aínda que non está confirmada definitivamente a súa participación na ACB xa están a preparar o proyecto. Onte tivo lugar unha reunión entre os dirixentes do Obradoiro e Alberto García Chapuli, o cal e unha opción para ocupalo posto de director xeral do club; Alberto García Chapuli foi o ano pasado director xeral no CAI Zaragoza do que dimitiu o 10 de mayo tras confirmarse o seu descenso a LEB ouro.

Jesús Souto logra o bronce

Jesús Souto acabou terceiro no campionato de Europa de Veteráns tras gañar 3-0 no partido polo terceiro posto e despois de perder contra o que a postre sería o gañador do torneo.

lunes, 29 de junio de 2009

Palmas tres anos máis en Santiago


O santiagués David Palmas renovou hoxe co Lobelle de Santiago por tres anos máis, en declaracións a Cadena Ser dicía que está "encantado de quedarse en Santiago" aínda que "había buscado algo por si no renovaba", o canteirán destacou que foi clave na súa decisión de renovar as baixas deste ano que suporan máis minutos para os xoves; tamén destacou que o ano que ven vivirase "un momento muy bonito con la Copa en Santiago".


Marcos Vara tamén se encontra en proceso de renovación, o parecer esta encóntrase avanzada e só quedan por cerrar uns flecos, aínda que durante este verán lévanse escoitados moitos rumores que apuntan a posible cesión do porteiro, o cal voltaría o ano que ven para ocupar o sitio de Mendiola que acaba contrato.


Os rumores tamén falan de que o Lobelle non descarta unha ampliación de plantilla, e que o club vería con vos ollos a chegada dun novo xogador, eso si, debería ser libre e con un salario adecuado a situación económica do club.

Luis Penido gaña na Estrada


Luis Penido conseguiu onte gañar co seu Mitsubishi Lancer Evo VI o grupo A da XIV Subida a Estrada; con esta victoria Penido sigue e máis lider da clasificación xeral do grupo A do Campionato Galego de Montaña; aínda así Luis lamentaba que desta vez non puido entrar entre os primeiros postos dos turismos. Agora toca pensar na Subida do Apóstolo que terá lugar o domingo 5 de xullo e na que correndo na casa seguro que Luis Penido estará moi motivado.

O Dubra gaña a Copa do Sar con susto incluido

O Dubra e o novo campión da Copa do Sar tras gañar 1-2 o Flavia, que buscaba gañar a súa terceira Copa do Sar seguida. O partido estivo marcado polo susto que provocou o choque entre o porteiro do Dubra, Manuel e o capitán do Flavia, Ero; o golpe produciuse no minuto 55 e ambos xogadores chocaron ca frente, o peor parado foi Ero que tivo que ser trasladado o hospital. Tras este susto reanudouse o partido e chegaron os goles, no minuto 56 adiantábase o Flavia cun gol de Tino, pero o Dubra acabaría remontando con goles de Roberto no minuto 73 e Luis no 86; para así levar a Copa por terceira vez na súa historia.

Na final da Copa Concello de Santiago o Peleteiro proclamouse campión nos penaltis tras acabar o partido empatado a tres.

E na Copa Galicia Feminina o Ciudad de Santiago non pudo co Rápido de Bouzas que gañou 5-0 e deixou as santiaguesas sen este preciado trofeo.

Antón Ruanova gaña en Almería

Antón Ruanova levou o ouro na carreira de triatlón celebrada en Pulpí, Almería. Grazas a súa actuación o equipo santiagués Bricosa Arcade Inforhouse logrou acabar cuarto pese as importantes baixas cas que contaba en Almería.

Pascal Gómez gaña en sub 15

O santiagués Pascal Gómez conseguiu onte ser o campión sub 15 do Spanish Junior Open; na final da competición, disputada nas instalacións que o Squash Club Santiago ten no Milladoiro, Pascal derrotou a Mason Ripka de Estados Unidos por 3-1.

Noraboa para Pascal.

domingo, 28 de junio de 2009

Tres caras novas no Pio XII

O Pio XII fixo no que vai de verán tres fichaxes de cara a tempada que ven, as novas xogadoras son: Nereida Ramírez, pivot de 28 anos e 188cm de altura procedente do Proffasa Badajoz Extremadura e que a tempada pasada firmou uns números de 26 minutos, 12 puntos, 8 rebotes e 15 de valoración por partido; Itziar Germán, aleiro de 23 anos e 182cm de altura que tamén chega do Proffasa Badajoz Extremadura e que o ano pasado promediou 28 minutos, 10 puntos e 4.5 rebotes; e Sofia da Costa, base de 29 anos que ven de xogar no Obenasa Navarra cuns números de 24 minutos, 9 puntos e 3 asistencias por partido.

Con estes fichaxes e as renovacións de Mar Xantal, Laura Grande, Ana Román, Carolina Díaz, Isabel Suárez Noya e a do técnico José A. Rivera "Mozán" a plantilla está case feita; o club está agora a traballar e seguindo o mercado con máis calma, ainda que se esperan dúas xogadoras máis para formar o plantel definitivo con dez mulleres.

Finaliza o campus de Verán do Lobelle

Onte celebrouse no Centro Xuvenil Don Bosco a festa final do V campus de Verán do Lobelle de Santiago FS. Campus no que durante cinco días os nenos pasárono ben e sobretodo aprenderon máis do fútbol sala cas visitas da xente do primeiro equipo, por este campus pasaron para traballar cos nenos Santi Valladares, Tomás de Dios, Pola, Rubi,... Tódolos nenos puideron disfrutar e tar preto dos seus heroes do primeiro equipo, esperamos que tanto nenos coma corpo técnico e xogadores do Lobelle acabaran satisfeitos e queiran repetir de cara o ano que ven.

Nicraniense e Calo campións


Onte disputáronse en Santa Isabel as finais da Copa do Sar nas categorias Cadete e Xuvenil, na categoria Cadete o Calo gañou por 2-0 o Xuventude de Aguiño, o término deste partido disputouse a final Xuvenil onde o Nicraniense pasou por riba do Noya para gañar por 10-0 e levar a Copa para Negreira.


Hoxe durante todo o día seguirán disputándose finais en Santa Isabel, as 12h terá lugar a final da Copa de Santiago entre o Villestro e o Peleteiro; e xa as 18:15h dará comezo o prato forte do fin de semana ca disputa da final Afecionados que xogarán o Flavia e o Dubra.

sábado, 27 de junio de 2009

Dornas Santiaguesas na Illa de Arousa


Hoxe terá lugar a XXV Volta a Illa de Arousa, esta competición está organizada por A.C.D. Dorna, para máis información dispón dunha páxina con todo sobre esta proba, http://www.acddorna.org/blog/ ; nesta competición participaran as embarcacións máis típicas da costa galega, as dornas.


E entre todos os participantes contamos con tres dornas tripuladas por Composteláns:


"Moura" con Marcos Buide de patrón e Elio Rozada de tripulante,

"Rabuda II" patroneada por Xosé Díaz Cadaveira axudado por Santi Moroño e

"Papoula" co patrón Carlos Otero e Andrés coma parella


todos eles pertencentes a asociación "Lajareu por barlovento" de Ribeira, se queredes saber máis deles dirixirvos o seu blog: http://lajareu.blogspot.com/


Desexámoslle sorte e que sigan facendo que estas embarcacións tan galegas non abandonen os nosos mares.

Mariño:"O obxetivo e a permanencia"


Alberto Mariño capitán da SD Compostela dixo hoxe nunha entrevista feita por Localia que "Chapi e Gonzalo van a subir o nivel do equipo" ademais de que "Chapi chegou a xogar en primeira e Gonzalo despois da tempada que fixo non hai máis que dicir del".


Tamén falou dos obxetivos da SD Compostela para esta primeira tempada na Segunda B: "o noso primeiro obxetivo e conseguir a permanencia na categoria".

O Aero club de noraboa


O Aero club de Santiago conseguiu onte que o seu "Curso de iniciación al golf adaptado del Real Aero Club de Santiago de Compostela" pase a estar incluido dentro da rede nacional da Real Federación Española de Golf (RFEG); onte deuse o peche a tempada deste curso, un curso destinado a xente das asociacións "Down Compostela", "Sarela Dano Cerebral", "ASPAS" e "Asociación compostelana de Esclerosis múltiple". Os membros destas asociacións recibiron seis horas semanales de clases gratuitas de golf, para un total de duascentas corenta horas totales para así mellorar a calidade de vida destas persoas mediante a práctica do golf; este curso estivo apoiado por La Rosaleda. Os responsables do curso dixeron estar dispostos a repetilo o ano que ven e destacaron a mellora na motricidade dos participantes.

Finais da Compostela Cup

Durante este fin de semana terán lugar as finais da Compostela Cup. A competición terá lugar e varios lugares de Santiago e disputaranse competicións coma: futbol, baloncesto, chave, tiro con arco, ...

Confirmada a I Subida do Apóstolo


Luis Penido confirmou que a data para a I Subida do Apóstolo terá lugar o próximo domingo 5 de xullo, unha proba que está organizada pola súa escuderia, da mesma maneira confirmou que o trazado terá lugar na subida que leva o Pedroso e de feito acabará trecentos metros antes de onde se encontran as antenas do Pedroso. Penido dixo que a próxima semana terá lugar a presentación da proba e que espera que non xurdan problemas con ningún permiso de última hora.


Recordamos que o piloto santiagues correrá este fin de semana na Subida da Estrada, proba puntuable po campeonato galego de montaña e na que participa o tamén santiagués Pedro Castañón.

O Ciudad de Santiago xógase a Copa Galicia


Este domingo as 19h terá lugar no Grove a final da Copa Galicia Femenina, para esta final conseguiuse clasificar a SAD Ciudad de Santiago que se enfrontará o Rápido de Bouzas.


Dende aqui desexámoslle sorte as nosas rapazas e esperamos poidan traer o trofeo para Santiago.

viernes, 26 de junio de 2009

Pola espera chegar a pretemporada


O Lobelle está planificando a tempada que ven, nestes momentos encóntranse traballando na renovación de Palmas e de Marcos Vara, a este último según os rumores ca intención de cedelo.


Mentras Pola esta a traballar na recuperación da súa rodilla, a cal según el mesmo "vai mellor do pensado", Pola confesou que o os momentos pasados durante a súa lesión foron moi complicados, pero que traballará durante o verán para chegar a pretemporada. Tamén falou da nova tempada e asegurou que "o ano que ven os xoves van ter que demostrar por que están no equipo" e máis despois das baixas de veteráns coma Carlinhos, Manu e César.

O Ciudad de Santiago esperando a resposta da federación

O presidente do Ciudad de Santiago, Suárez Alén, afirmou hoxe en Radio Obradoiro que están esperando que a federación autorice o cambio de domicilio social para que que a compra da súa praza se poida facer efectiva. Tamén ratificou que o acordo co equipo balear que pretenda a praza do Ciudad na Segunda División B e total.

Finales Copa do Sar

Este fin de semana terán lugar en Santa Isabel as finais da Copa Sar.

O sábado as 18h terá lugar a final Cadete entre o Xuventude de Aguiño B e o Calo e a final Xuvenil as 20h co enfrentamento entre o Nicraniense e o Noya. O día seguinte disputaranse as finail de Afecionados, xogarase as 18.15h e enfrentaranse o Flavia e o Dubra.

jueves, 25 de junio de 2009

Luis Penido compite na Estrada


Este fin de semana Luis Penido participará co seu coche na Subida a Estrada, proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña; según as súas palabras non arriscará demasiado nesta subida e gardará material; isto é debido a que o fin de semana que ven terá lugar a I Subida do Apóstolo en Santiago, o trazado será a subida do Pedroso e alí o piloto santiagués quere facer un bo papel por correr na súa casa.

Gonzalo cerca da SD


Gonzalo García Cea, xogador do Ciudad de Santiago, estaría a punto de fichar polo Compos; segundo dixo hoxe o presidente da SD Compostela, Xosé María Caneda, na Cadena Ser. Desta maneira Gonzalo sería o segundo fichaxe do compostela despois da chegada de Chapi.


Gonzalo naceu na Coruña o 25 de febreiro de 1986 e xoga de mediocentro. Esperemos ver nos próximos días se cerra o seu fichaxe pola SD Compostela.


Gonzalo podería ter dous vellos coñecidos na SD Compostela xa que según os rumores o Compos pretende o porteiro Mackay e o dianteiro Maikel compañeiros de Gonzalo no Ciudad de Santiago.


Por outra banda tamén se supo que o contrato de Chapi será dunha tempada.

Chapi xa é xogador do Compos


Onte confirmouse que David Vázquez "Chapi" xogará a tempada que ven na SD Compostela; o acordo certificarase o venres, según deu a saber a SD Compostela na súa páxina web.


Chapi naceu o 2 de abril de 1985 na Coruña, é defensa central ainda que tamén pode xogar excepcionalmente como lateral; Chapi foi formado na canteira do Deportivo, onde chegou a debutar no primeiro equipo da mán de Joaquín Caparrós, o cal contou con el nalgún partido o igual que posteriormente Lotina; no verán do 2008 tras non chegar a un acordo co Deportivo para a súa renovación marcha o SV Zulte Waregem, da primeira división belga, onde xogou durante a tempada pasada e desde onde pon rumbo a Santiago para convertirse no primeiro fichaxe da SD Compostela de cara a xogar o ano que ven na Segunda B.


O Compos xogará en Segunda B

Ayer o portavoz da RFEF, Jorge Carretero, negou que se estiverá planteando unha modificación das competicións de Segunda e da Segunda B.

"La Federación no prevé estudiar la remodelación de la Segunda División ni de la Segunda B. No hemos encargado ningún estudio sobre este tema", dixo Carretero. Desta maneira a S.D. Compostela terá que xogar na Segunda B esta tempada.

O Obradoiro espera a resposta da ACB

O Obradoiro xa presentou hoxe a documentación que lle fora reclamada pola ACB e desta forma só queda esperar a resposta da ACB ca confirmación de que o Obradoiro xogará o ano que ben na máxima categoria do baloncesto nacional.

A ACB derá un prazo de dez días o Obradoiro para presentar a documentación que lle faltaba, ese prazo remataba hoxe, polo que todo indica que non haberá ningún problema.

Spanish Junior Open

Dende hoxe e ata o domingo nas instalacións que o Squash Club Santiago ten no Milladoiro celébrase o Spanish Junior Open.

Entre os participantes estarán varias das mellores promesas internacionais asi como varias das mellores promesas galegas do momento, como os santiagueses Pascal e Inés Gómez.

Deseámoslle moita sorte a Pascal e Inés.

Benvida.

Hola a todos. Hoxe inauguro este blog no que pretendo falar do deporte de santiago, nel informaremos dos resultados, das fixaxes, dos rumores e de todo o que teña que ver co deporte na capital galega. Asi que poñemonos máns a obra sen máis demora.