martes, 1 de septiembre de 2009

O Obradoiro ficha a Reishawn Terry


E un ala-pívot de 25 anos e 2.03m que procede do Virtus Bologna da liga italiana e que no ano 2007 xogou nos Dallas Mavericks da NBA. Destaca por ser un bo xogador tanto defensiva como ofensivamente, poseendo bo xogo interior e bo tiro exterior.

domingo, 30 de agosto de 2009

O Compos empata

A SD Compostela conseguiu un punto tras empatar contra o Palencia a ceros, a alineación titular do Compos foi: Pablo, Catú, Toño, Ángelo, Jimmy, Claudio, Chapi, Iván, Centrón, Gonzalo e Kelvin, na segunda parte entraron Jesús Torres, Adrián e Rego.

Por outra parte o Ciudad de Santiago sacou un punto da difícil visita a Abegondo tras empatar a uns co Deportivo B.

Comeza a liga

Hoxe as 18.30 en San Lázaro dará comezo a tempada da SD Compostela co partido ante o Palencia, a alineación que podería sair de inicio é: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez; Rubén foi sancionado dous partidos tras a súa expulsión da Copa, pero o club pediu a suspensión cautelar da sanción e en caso de serlle concedida podería ser titular, en caso de que non se lle concedera barallábase a posibilidade de xogar con Claudio de dianteiro.

Tamén hoxe dará comenzo a tempada para o Ciudad de Santiago que finalmente xa ten xogadores e desprazarase para xogar o seu partido contra o Deportivo B en Abegondo.

sábado, 29 de agosto de 2009

O Ciudad xa ten xogadores

Onte Villalba presentou en Santa Isabel os seus xogadores, 17 fichas que comezaron a entrenar de cara o partido deste fin de semana, o entrenamento estivo dirixido polo director deportivo Duco e a semana que ven agardase a chegada do entrenador e dos xogadores que pecharán a plantilla.

Hay moitas posibilidades de que o Ciudad se vaia xogar a Xinzo de Lima, deixando así Santiago.

viernes, 28 de agosto de 2009


O dianteiro firmado por un ano polo Compos é Sergio Sestelo que procede do Linares.
Sestelo ten 31 anos e mide 1.90m xogou no Real Madrid Castilla, Numancia, Ceuta, Huesca, Villajollosa, San Sebastián de los Reyes e como dixemos antes no Linares.

Últimos movementos do Compos

O Compos firmou xa os seus dous dianteiros; Lecce firmará por 5 meses e terá q cenvencer a Baleato para quedar no mercado de inverno, o outro dianteiro firma por unha tempada. Tamén se supo que Pablo Rodriguéz foi dado de baixa do equipo, e aínda queda outra baixa que pode ser Sergio, cedido, ou a non inscripción de Vladimir polos seus problemas de papeles ou a de Petter polos seus problemas cos papeis.

jueves, 27 de agosto de 2009

O Compos queda fóra da Copa

A SD Compostela quedou eliminada da Copa do Rei tras perder 1-2 ante o Zamora. O equipo inicial de Baleato foi: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez. No minuto 8 adiantouse o Zamora por medio de Saúl Yago que lle roubou a carteira a Jesús Torres para quedar só ante Alberto; no minuto 37 Iván empataba para o Compos; xa na segunda parte o Zamora volvia adiantarse por medio de Manu Arias no minuto 52; no minuto 68 era expulsado o dianteiro do Compos Rubén Márquez; a partir de ahi Baleato realizou as súas sustitucións, no minuto 72 entraron Centrón por Ángelo e Kelvin por Jesús Torres e no 84 entrou Adrián por Catú.

O partido asistiron 1000 aficionados que viron un bo partido con opcións pos dous equipos e no que marcaron diferencias os fallos defensivos do Compos, xa que o primeiro gol chegou nun claro erro de Jesús Torres e o segundo nunha falta que o Compos deixouse rematar no segundo pao; aínda así pudose ver un bo Compos en varias fases do partido.

O Pío XII ten novo fichaxe

O Pío XII fichou a escolta rusa Nadezca Kudrina; Kudrina ten 32 anos e mide 1.70 m, chega procedente do Arxil onde promediou 10 puntos por partido en 28 minutos.

miércoles, 26 de agosto de 2009

Hoxe Copa do Rei

Hoxe terá lugar en San Lázaro as 20.30h a disputa da eliminatoria da Copa do Rei entre a SD Compostela e o Zamora; a eliminatoria dispútase a partido único. Este partido será gratuito para oa abonados do Compos.

Baleato poderá contar con Rubén Márquez para este partido sen embargo terá as baixas de Vladimir, que segue enfermo; Pato, cunha luxación de hombro; e Petter que segue sen arranxar os seus papeis; ademáis será dubida hasta última hora Mariño, que sufriu un accidente de tráfico sen consecuencias pero que sufre dores derivados do golpe.

martes, 25 de agosto de 2009

Preséntase o Xacobeo Galicia

O equipo ciclista que participará na Volta a España foi hoxe presentado; o equipo conta con Ezequiel Mosquera, de Teo, que parte como candidato o podium.

O goleador do Compos non chega

O Compos esperaba onte a chegada de Lecce a Santiago, o arxentino viña para ser o goleador do equipo, pero non chegou. Agora esperase que chegue hoxe a mediodía, pero este caso recorda o de Carneiro ou o do Chengue Morales, esperemos só fóra un retraso e o Compos poida ter o seu dianteiro.

lunes, 24 de agosto de 2009

O Compos cerca de cerrar o seu goleador

O Compos está cerca de cerrar a Lucciano Lecce; dianteiro arxentino de 26 anos e que chega desde a segunda B italiana onde o ano pasado marcou 15 goles en 40 partidos; espérase tamén fichar outro goleador, un home que marque diferencias pero non se ten prisa e si non se ficha agora intentarase en decembro.

Amistosos do Compos

O Compos disputou este finde semana dous novos amistosos; o sábado xogou ante o Celta B, o resutado foi 0-0 e o once inicial estivo composto por Alberto na porteria; Angelo, Catú, Toño e Jesús Torres como defensas; Claudio, Petter, Jimmy e Gonzalo no centro do campo e Kelvin e Rubén Márquez como dianteiros.

O segundo amistoso xogouse o domingo contra o Chantada e o Compos gañou 3-0, o once inicial foi Pablo de porteiro; Angelo, Catú, Toño e Jimmy de defensas; Claudio, Seba, Pablo Rodríguez e Gonzalo no centro do campo e Iván e Rubén Márquez foron os dianteiros; os goles foron de Jimmy, Sergio e de Kelvin; os dous últimos entraron na segunda parte xunto con Alberto, Jesús Torres, Adrián e Rego.

O Lobelle gaña o sábado pero perde o domingo

O Lobelle disputou este fin de semana o memorial Celso Currás; o sábado gañou o Burela 5-2 con goles de Rubi (2), Aicardo, Revilla ( en propia porta) e Nacho; o domingo disputou a final contra o Marfil Santa Coloma e caeu por 5-3, os goles do Lobelle foron de Alemao, Luis e Juan Puertas.

viernes, 21 de agosto de 2009

Dous novos fichaxes para o Obradoiro


Hoxe a tarde o Xacobeo 2010 Blu:sens adquiría dous novos xogadores. Un deles o xa mencionado Dimitry Flis, xogador que chega cedido do Joventut. Mide 2.03 m e é un ala-pívot de gran proyección. A última tempada xogou cedido no Lleida na Leb Ouro; promediando 15 minutos de juego, 7 puntos e 3 rebotes.
O segundo fichaxe é o español Héctor Manzano, ten 29 anos e mide 2,05 metros e pode xogar de 3 ou de 4. A última tempada xogou no Basket Vic na Leb Ouro; promediando 19 minutos, 7 puntos e 3 rebotes por partido.

O Obradoiro suma e sigue


Novo fichaxe do Xacobeo 2010 Blu:sens; esta vez trátase dun ala-pívot croata, Drago Pasalic de 25 anos, 2.08 m e 108 kilos. Chega desde o Bilbao Basket en calidade de cedido, onde a pasada tempada promediou 6 puntos e 3 rebotes en 13.7 minutos; xogou o play-off frente a Tau e promediou 15 puntos e 5 rebotes en 22 minutos. Pasalic pode xogar de 4 ou de 5.


O Obradoiro fáltanlle dous pívots, dos cales un será extracomunitario, un xogador que poida actuar de 3 ou de 4 e dous bases. En relación a estes posibles fichaxes onte saleu o nome de Dimitry Flis un ala-pívot de 24 anos e 2.03 m, ex de Joventud, e que podería ser o seguinte en chegar se todo sae ben.

jueves, 20 de agosto de 2009

O Obradoiro xa ten pívot


O Xacobeo 2010 Blu:sens xa ten o seu pívot, trátase do nigeriano Jeleel Akindele de 26 anos, mide 2.14 m e pesa 108 kilos; procede do Scavolini de Pesaro italiano onde promediou uns números de 11.5 puntos, 6.7 rebotes e 1.7 tapóns por partido en 22.4 minutos. Antes de xogar en Italia xogou no Pau Orthez e tamén é internacional con Nigeria.


O proyecto do Obradoiro está a ilusionar e así o demostra que o 50% do pabellón xa está completado; xa van 2.500 abonados.

miércoles, 19 de agosto de 2009

O Beirasar xa ten os seus dous primeiros fichaxes

Os primeiros fichaxes do Beirasar Rosalía so Erik Kangas e Manu Ferreiro.

Kangas é un escolta estadounidense que tamén pode xogar de aleiro e que chega procedente da Universidad de Oackland da NCAA1, ten 22 anos e mide 1.91m.

O segundo aínda non está cerrado, pero cerrarase pronto; é Manu Ferreiro, vigués que chegaría cedido do Club Baloncesto Valladolid; Manu é un base de 1.85m e de 19 anos.

O Compos gaña o Celta

A SD Compostela gañou o Celta por 2-0, os goles do Compos marcaronos Jesús Torres e Claudio; o Compos domiñou o partido e gañou merecidamente.

O equipo inicial que xogou nun 4-1-4-1 e do cal séguense sacando pistas dos que serán este ano os titulares, foi:

Pablo de porteiro; Chapi e Toño de centrais; Jesús Torres e Catu de laterais; Claudio de mediocentro; Gonzalo e Mariño de mediapuntas; Miguel Centrón e Iván de interiores e Petter de dianteiro.

O Lobelle perde co Ínter

O Lobelle perdeu 5-3 en Bueu ante o Ínter Movistar nun partido no que deu a cara e tivo moitas oportunidades de gol e a pegada do Ínter marcou a diferencia. Para o Lobelle marcaron Alemao, David e Leitao; e para o Ínter marcaron Daniel (2), Borja, Juanra e Neto.