domingo, 30 de agosto de 2009

Comeza a liga

Hoxe as 18.30 en San Lázaro dará comezo a tempada da SD Compostela co partido ante o Palencia, a alineación que podería sair de inicio é: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez; Rubén foi sancionado dous partidos tras a súa expulsión da Copa, pero o club pediu a suspensión cautelar da sanción e en caso de serlle concedida podería ser titular, en caso de que non se lle concedera barallábase a posibilidade de xogar con Claudio de dianteiro.

Tamén hoxe dará comenzo a tempada para o Ciudad de Santiago que finalmente xa ten xogadores e desprazarase para xogar o seu partido contra o Deportivo B en Abegondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario