jueves, 27 de agosto de 2009

O Compos queda fóra da Copa

A SD Compostela quedou eliminada da Copa do Rei tras perder 1-2 ante o Zamora. O equipo inicial de Baleato foi: Alberto, Catú, Toño, Ángelo, Jesús Torres, Claudio, Chapi, Iván, Jimmy, Gonzalo e Rubén Márquez. No minuto 8 adiantouse o Zamora por medio de Saúl Yago que lle roubou a carteira a Jesús Torres para quedar só ante Alberto; no minuto 37 Iván empataba para o Compos; xa na segunda parte o Zamora volvia adiantarse por medio de Manu Arias no minuto 52; no minuto 68 era expulsado o dianteiro do Compos Rubén Márquez; a partir de ahi Baleato realizou as súas sustitucións, no minuto 72 entraron Centrón por Ángelo e Kelvin por Jesús Torres e no 84 entrou Adrián por Catú.

O partido asistiron 1000 aficionados que viron un bo partido con opcións pos dous equipos e no que marcaron diferencias os fallos defensivos do Compos, xa que o primeiro gol chegou nun claro erro de Jesús Torres e o segundo nunha falta que o Compos deixouse rematar no segundo pao; aínda así pudose ver un bo Compos en varias fases do partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario