viernes, 17 de julio de 2009

Tres novas caras para o Compos


A SD Compostela anunciou onte tres novas fichaxes, a máis sorprendente é a de Carlos Carneiro, dianteiro portugués de 34 anos; e que viría no sitio do "Chengue" Morales co que se chegará a un primeiro acordo pero despois as súas pretensións económicas votaron abaixo o seu fichaxe; Carlos Carneiro xogou durante a súa carreira no Panionios grego, no Walsall inglés e en Portugal chegou a militar no Victoria de Guimaraes. Carlos mide 1.85 m, pesa 80 kg e ben de xogar no Paços de Ferreira a tempada pasada, onde disputou 19 partidos, todos como suplente e marcou 2 goles.


Os outros dous fichaxes son os previstos e dos que se fiñan falando nos últimos días, Alberto Domínguez e Iván Iglesias. Alberto Domínguez e un porteiro santiagués de 21 anos, mide 1.81 m e pesa 77 kg e durante a pasada tempada xogou no Fabril e foi nalgunha ocasión terceiro porteiro do Deportivo; e Iván Iglesias é un dianteiro que tamén pode actuar pola banda dereita, chega do Santa Comba e xa ten a experiencia de xogar na Segunda B, xa que militou nesta categoria no Negreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario