martes, 14 de julio de 2009

Partidos da Copa Diputación da Coruña

O sorteo dos emparellamentos da Copa Diputación da Coruña deparou que o Compostela teña que visitar o Negreira o día dous de agosto; esta competición dispútase mediante eliminatorias e a un só partido. Tamén soubose o emparellamento do Santiago, o cal recibirá o Laracha.

Os equipos que gañen estas eliminatorias pasarán a octavos onde enfrentaranse entre eles, o Compos tería como rival no caso de pasar o gañador do enfrentamento entre o Calo e o Montañeros, mentres que o Santiago xogaría contra o gañador do Noia-Flavia.

O Ciudad de Santiago entrará na ronda de cuartos debido a ter xogado a pasada tempada en Segunda B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario