Tras a non chegada do Chengue Morales, o presidente da SD Compostela Xosé María Caneda xa se puxo a buscar un sustituto; e xa o atopou,como adianta hoxe no Correo Gallego, é un dianteiro centro de 25 anos procedente da canteira do Ajax e que xogou a pasada tempada en Francia e do que Caneda dixo o Correo Gallego que "haber si o convencemos" e o definiu coma "un tanque, pero moi rápido e con moita calidade".
Tamén comentou que só falta ese dianteiro centro de moitos kilates e un home de mediocampo, pero especificou que "non quero xogadores de medio pelo, estes dous postos hai que cubrilos con dous grandes futbolistas, teñen que marcar a diferencia"
Por último tamén falou de Gonzalo, xogador do que o Ciudad de Santiago dí que aínda ten contrato con eles, según Caneda as cousas están así de claras: "Gonzalo vai xogar no Compostela, contamos con el porque según o seu contrato quedou libre o 30 de xunio"
Para rematar, o patrocinador da SD Compostela será Noyamovil, co que se firmou un contrato de tres tempadas como xa adiantaramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario