A SD Compostela chegou a un acordo co xogador Richard Javier Morales Aguirre "Chengue Morales". O uruguaio Morales militou en Primeira División co Osasuna, onde fichou en 2002 sendo o fichaxe máis caro da historia do club naquel momento; máis tarde ficharía polo Malaga e no 2007 volveu o seu país desde onde pasaría o Gremio de Portoalegre, nestes momentos xogaba no Liga Universitaria de Quito onde xogou a Copa Libertadores. Morales chegou a ser internacional con Uruguai en 11 ocasións nas que conseguiu tres goles. O "Chengue Morales" e un dianteiro de 1.96m de altura, ten 34 anos e según os rumores firmaría polas próximas tres tempadas.
Hoxe tamén pudose saber que o Compostela levará un novo sponsor que firmará para a próxima tempada e dúas máis, o nome do sponsor aínda é unha incógnita.
Tamén se supo que Caneda entrará hoxe nas negociacións para cerrar o fichaxe dun dos xogadores do Ciudad de Santiago, rumorease que será Gonzalo ou Jesús Torres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario