Maña en Segovia terá lugar unha reunión dos clubes de fútbol sala na que se decidirá si se presenta unha moción de censura contra o actual Presidente da Federación, Carlos Gascón; de momento vintedous equipos de prata e oito ou nove da división de honra están a favor desta moción e apoiarían a Javier Lozano como novo Presidente; entre estes equipos encóntrase o Lobelle de Santiago.
Mentras o Lobelle segue pendente de preparar a pretempada, unha pretempada na que a volta o traballo está prevista o día 3 de agosto e na que xa se confirman algúns amistosos, o día 21 de agosto xogarase un cuadrangular fóra de Santiago no que tamén esta o Azkar; aínda que o prato forte da pretempada será seguro o amistoso que o Lobelle disputará o día 18 de agosto contra o todopoderoso Inter Movistar. O Lobelle segue esperando saber se estará na Supercopa de España e que o normal e disputala antes da tempada, aínda que sonan rumores de que e posible de que se dispute os días 2 e 3 de enero en Almería, cidade sen equipo en división de honra, co que o Lobelle estaría nesta cita.
Outro dos frentes nos que se encontra o Lobelle e a posibilidade de que Manu entre a formar parte do cuadro técnico, de momento o capitán aínda non respostou a proposta do clube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario