martes, 14 de julio de 2009

Juan Pizarro, o tapado do Lobelle


O Lobelle contará con outra cara nova para facer a pretempada; esta cara será Juan Pizarro, ala-pívot de 26 anos fichado o Escorial o inverno pasado e que inmediatamente foi cedido o Lanzarote; no Escorial logrou marcar 61 goles nunha tempada e ser un dos máximos goleadores; fará a pretempada co equipo e despois decidirase se queda.

Por outro lado a cesión de Marcos Vara o Gestesa está complicándose pola incompatibilidade cos estudios da súa carreira universitaria.

Hoxe tamén se pudo saber que Victor Chacón non conta para o corpo técnico e marchará ca carta de libertad do club.

Un Lobelle que segue recollendo os froitos da boa tempada que fixo e conta con tres xogadores nominados entre os mellores da Liga; Carlinhos nominado como mellor peche, Alemao como mellor ala-pivot e Carlos Barrón como xogador revelación.

Desta maneira o Lobelle segue a traballar de cara a nova tempada, tempada para a cal xa están definitivamente confirmados os partidos amistosos, que serán:

18 de agosto en Bueu: Lobelle-Inter Movistar

21 e 22 de agosto en Trabada: cuadrangular con Lobelle, Azkar, Marfil e Burela

29 de agosto en As Travesas: triangular con Lobelle, Coruxo e outro equipo por confirmar

4 de septiembre en El Escorial: Lobelle-El Escorial (partido sen confirmar)

No hay comentarios:

Publicar un comentario