lunes, 13 de julio de 2009

O Lobelle apoiará a moción de censura


Maña en Segovia terá lugar unha reunión dos clubes de fútbol sala na que se decidirá si se presenta unha moción de censura contra o actual Presidente da Federación, Carlos Gascón; de momento vintedous equipos de prata e oito ou nove da división de honra están a favor desta moción e apoiarían a Javier Lozano como novo Presidente; entre estes equipos encóntrase o Lobelle de Santiago.


Mentras o Lobelle segue pendente de preparar a pretempada, unha pretempada na que a volta o traballo está prevista o día 3 de agosto e na que xa se confirman algúns amistosos, o día 21 de agosto xogarase un cuadrangular fóra de Santiago no que tamén esta o Azkar; aínda que o prato forte da pretempada será seguro o amistoso que o Lobelle disputará o día 18 de agosto contra o todopoderoso Inter Movistar. O Lobelle segue esperando saber se estará na Supercopa de España e que o normal e disputala antes da tempada, aínda que sonan rumores de que e posible de que se dispute os días 2 e 3 de enero en Almería, cidade sen equipo en división de honra, co que o Lobelle estaría nesta cita.


Outro dos frentes nos que se encontra o Lobelle e a posibilidade de que Manu entre a formar parte do cuadro técnico, de momento o capitán aínda non respostou a proposta do clube.

Semana clave no Compos


A SD Compostela pechará esta semana, polo menos, dúas novas fichaxes.


Sona Borja Facal Lema, xogador do Murcia B e que xogou nas categorias inferiores do Deportivo; e un interior dereito de 24 anos, aínda que tamén pode actuar de lateral.

O Ciudad busca entrenador

Según se rumorea é moi posible que entre hoxe e mañá o Ciudad de Santiago fiche xa o seu novo entrenador.

A SD segue na busqueda de reforzos

Despois da noticia da continuidade do Ciudad en Segunda B a SD Compostela quedou sen varios dos fichaxes que quería; por iso o plantel técnico segue a traballar e búscase un porteiro, un central, un interior zurdo e un dianteiro.

domingo, 12 de julio de 2009

Maña reunión co novo presidente do Ciudad

Javier Villalba, novo presidente do Ciudad de Santiago, chega maña desde Valencia para negociar con xogadores e técnicos a debeda de 200.000 euros que estes reclaman. O liquidar esa debeda ou ven negociala cos afectados e indispensable para que o equipo poda xogar na Segunda División B.

Unha vez solucionado este problema habera que pensar na contratación do entrenador e na chegada dalgún fichaxe, para comenzar a tempada o día 20 de xullo.

jueves, 9 de julio de 2009

O Compos queda sen reforzos

Hoxe confirmouse que os xogadores do Ciudad de Santiago que estaban a negociar ca SD Compostela seguramente e salvo sorpresa de última hora continuarán no Ciudad; desta maneira o Compos quédase sen Gonzalo, Mackay e Jesús Torres e terán que buscar os xogadores que precisan noutros equipos.

O Beirasar inscrito na LEB prata

Como xa se adiantaba onte o Beirasar Rosalía incribiuse durante a maña de hoxe na LEB prata, onde finalmente xogará a vindeira tempada.

miércoles, 8 de julio de 2009

O Beirasar saldrá en LEB plata

Finalmente e trás ver os pros e os contras o Beirasar Rosalia decidiu xogar a tempada que ven na LEB plata, maña procederase a inscripción e a partir de ahi formarase o equipo, o cal, estará entrenado por César Iglesias, que desta forma seguirá no banquillo do Beirasar.

Durante a pretemporada estarán entrenando co primeiro equipo tres xogadores da canteira, dos cales dous ou incluso os tres formarán parte da plantilla desta tempada, Pose e Pantín son os que contan con máis posibilidades de ocupar estas prazas.

martes, 7 de julio de 2009

O Ciudad quédase en Segunda B

O Ciudad de Santiago xogará a tempada que ven na Segunda División B despois de que, como xa descubrimos aquí, unha empresa, finalmente valenciana, fágase co seu control; esta empresa comprou o 65% das accións do club e ademáis fará frente o 100% da deuda do club e negociará a deuda que existe cos xogadores. Desta maneira a tempada que ven poderanse vivir dous derbis en San Lázaro entre o Ciudad e o Compos que seguro serán vibrantes.

sábado, 4 de julio de 2009

Chapuza da Federación Española

Os equipos galegos da Segunda División B atópanse indignados pola confección dos grupos feita pola Federación Española; e sobretodo síntense perxudicados tanto económica coma deportivamente; o estar encadrados no grupo cos equipos vascos, navarros e casteláns leoneses e non cos cántabros e asturianos como sería natural pola cercania xeográfica fai que os desprazamentos sexan máis longos e polo tanto máis caros, e cos graves problemas económicos sufridos polos equipos galegos o aumentar os costes dos viaxes fai que os presupostos débanse axustar máis; ademáis deportivamente os equipos galegos encóntranse de supeto nun dos grupos máis fortes da categoria e donde o ascenso vai tar moi caro, cos poderosos equipos vascos e navarros e con equipos importantes de castelá e león.

viernes, 3 de julio de 2009

O Lobelle podería ir a Supercopa

O Lobelle estará atento nos próximas semanas a elección da sede da Supercopa de España, pois podería participar nela. Os equipos que estarán seguro son o Inter Movistar como campeón da Copa, o Pozo gañador da Liga e o FC Barcelona como terceiro da fase regular. A cuarta praza sería po equipo da cidade anfritiona, pero se esta cidade non tivera equipo en División de Honra entón esa praza sería po cuarto da fase regular, praza que ocupou o Lobelle.

Duelo con recordos de primeira

O día 18 de agosto as 21h da noite, terá lugar un amistoso entre o RC Celta e a SD Compostela; o partido será en San Lázaro. Un partido co que poderemos recordar aqueles derbis galegos que tantas veces se xogaron na primeira división.

O Obradoiro na ACB

A ACB confirmou que o ano que ven o Obradoiro xogará na máxima categoria do baloncesto español.

jueves, 2 de julio de 2009

O Compos a por un superfichaxe

Falabamos estes días do interés da SD Compostela por Kelvin, xa fichado, e por un mediapunta ex do Ourense e que xogou a última tempada en Portugal. Pois ben, esta negociación está paralizada e a SD podería sorprender con un gran fichaxe; o que se filtrou a prensa e que o Compos está a traballar na fichaxe dun dianteiro coñecido e do cal se terán noticias en corenta e oito horas, pois este e o prazo para cerrar o fichaxe; despois deste tempo descartariase a chegada deste fichaxe; o nome deste dianteiro non se sabe e permanecera oculto hasta que acaben as negociacións, que como decimos teñen de prazo os próximos dous días.

O Ciudad podría seguir na Segunda B

O notición do día chega dende o Ciudad de Santiago. O club ten un acordo cunha empresa con capital non galego q pagaría a deuda que ten o club e poría o presuposto da nova tempada, se esto se confirmara o Ciudad seguiría en Segunda B e xogando en Santiago; fálase de que tamén hai outra oferta dunha empresa valenciana pero esta de momento non se estaría estudiando; e iso é porque todos os sentidos están agora postos nesta oportunidade. Tamén se aparca, de momento, a opción de vendela praza na Segunda B.

Tono renova

O Santiago de Compostela renovou o seu entrenador Tono de cara a tempada próxima. Recordamos que o Santiago de Compostela este ano estará xestionado polo Conxo.

O Gestesa quere a Marcos Vara

Os rumores que se comentaban días atrás sobre a renovación e posterior cesión de Marcos Vara empezan a ser realidades; debido as cláusulas de que consta o seu contrato, polas cales pode ser cedido se él da o visto bo. O Gestesa xa foi o primeiro en interesarse polo porteiro do Lobelle e xa solicitou a súa cesión, o Lobelle esperará agora a decisión de Tomás de Dios e finalmente a de Vara.

O Compos ficha a Kelvin

Como adiantamos a SD Compostela mantiña negociacións con Kelvin, estás negociacións remataron hoxe co anuncio do seu fichaxe. O dianteiro de 18 anos procede do Caselas, equipo no que a tempada pasado marcou 18 goles.

Está tarde serán presentados os rapaces procedentes do Xuventude de Aguiño, Diego e Adrián.

O Beirasar podría non xogar a LEB prata

Hoxe celebrarase unha xunta directiva no Beirasar Rosalía; nela analizarase o presuposto desta tempada, que como máximo sería un 70% do da tempada pasada; e entón tomarase a decisión de se este presuposto e suficiente para competir na LEB prata ou si se debe sair na liga EBA, o xoves que ven deberase facer a inscripción da liga EBA e poderemos sair de dudas.

César Iglesias está conforme en seguir entrenando o Beirasar a tempada que ven, si sale en prata; si saíra en EBA habría que poñerse en contacto con él e esperar a súa decisión.

miércoles, 1 de julio de 2009

Vara renova co Lobelle


Marcos Vara renovou co Autos Lobelle de Santiago, o porteiro de Benavente e canteirán do club renova polas próximas tres tempadas. Eso si existen rumores que apuntan a que será cedido durante a próxima tempada e que regresará o fin dela para ocupar o sitio de Mendiola que acaba contrato, aínda que de momento só son iso: rumores e a única verdade e que durante as próximas tres tempadas Vara será do Lobelle.