lunes, 10 de agosto de 2009

Verín 1 - SD Compostela 1

A SD Compostela empatou a un gol co Verín nun partido de pretempada onde xogou toda a plantilla salvo Rubén Márquez (recuperándose do golpe sufrido o sábado) e Rego (cunhas molestias, polo que non se quixo arriscar). O gol do Compos logrouno David Ibou, dianteiro francés que firmaba fai uns días e que comeza a dar rendemento; tamén xogou Sebastían Pucheta, o cal segue demostrando boas maneiras co balón.

Agora o Compos terá unha semana de entrenamentos antes de xogar o seguinte amistoso o próximo sábado; Baleato, que ata agora derá liberdade os xogadores para ver o que lle podían ofrecer comezará a traballar o sistema e a intentar conseguir o mellor once posible de cara o debut na Copa do Rey, o próximo día 26 de agosto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario