domingo, 2 de agosto de 2009

O Compos queda eliminado

O Negreira eliminou a SD Compostela na Copa Diputación tras vencer no seu campo por dous goles a un. O partido foi moi disputado e o gol do Compos conseguiuno un dos seus novos fichaxes, o dianteiro Iván; tamén tivo unha actuación destacada outro recén chegado, o porteiro Alberto que detivo un penati.

O seguinte partido do Compos será a disputa dun amistoso en Bembibre o día 8 de agosto, partido que forma parte do Torneo do Emigrante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario