domingo, 9 de agosto de 2009

Finalmente Pucheta firma co Compos

Finalmente Sebastián Pucheta firmou ca SD Compostela e non estará a proba como nun principio se comentou; Pucheta é un mediocentro de 23 anos con bo trato o balón e que chega procedente do Juventud uruguaio; nada máis aterrizar marchou para Bembibre onde xa debutou co equipo xogando media hora de partido, Baleato dixo del: "Pese a estar muy cansado, le vi muy buenas maneras, ve y lee muy bien el juego".

En referencia o partido, o Compos gañou 3-0 o Dubra con dous goles de Kelvin e un de Centrón. A mala noticia foi a lesión de Rubén Márquez, sufriu un golpe que lle fixo sangrar bastante e polo que tivo que ser vendado.

O problema co que se encontra agora o Compos son as fichas; ten 25 xogadores e só vai haber 24 fichas, 20 aficionadas e 4 profesionais ou 18 aficionadas e 6 profesionais según dixo Caneda; desta maneira terá que ceder xogadores e o presidente xa anunciou que haberá tres cesións, unha das fichas que quedaría libre sería para Jesús Torres e a outra podería ser para outra incorporación, que podería ser outro dianteiro centro que é o que solicita Baleato.

Hoxe novo partido en Verín as 18:30h contra o equipo local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario